Independencia e seguridade para ti, tranquilidade para os teus seres queridos
Para quen
- Para persoas que saen soas a camiñar ou ao campo
- Para deportistas
- Para persoas que queren ser autónomas e independentes
- Para persoas que poden desorientarse ou perderse
- Para coidadores e/ou coidadoras de persoas con deterioración cognitiva
Como funciona
Este servizo opera a través dunha aplicación que se instala nun reloxo intelixente (smartwacth).
O reloxo envía de forma automática a posición cada 10 minutos, facilitando a localización xeográfica e permitindo configurar alarmas de entrada e saída en áreas de perigo/seguridade así como alarmas de velocidade.
O sistema actívase se existe a necesidade de localizar á persoa ou no caso de que o terminal envíe un aviso automático, conectando cos nosos profesionais as 24 horas, os 365 días, facilitando unha resposta e intervención inmediata #ante calquera necesidade ou eventualidade.
En caso de emerxencia avisamos a familiares ou persoas de contacto..., así como aos servizos médicos, policía, bombeiros... para unha atención rápida e eficiente grazas aos datos de saúde e persoais facilitados.