Dentro e fóra de casa, esteas onde esteas

Imagen de fondo

Para quen

  • Persoas maiores
  • Persoas con diversidade funcional auditiva, física e/ou visual
  • Persoas convalecentes de accidente ou operación
  • Persoas con enfermidade crónica
  • Coidadores e coidadoras
  • Mulleres embarazadas
  • Adolescentes

Como funciona

Este servizo opera a través dunha aplicación que instalamos no teu propio teléfono móbil e que te conecta tanto dentro como fóra da casa cos nosos profesionais as 24 horas, os 365 días, facilitando unha resposta e intervención inmediata ante calquera necesidade ou eventualidade.

 

A aplicación consta dun botón que tan só hai premer en caso de necesidade.

 

Inclúe ademais localización xeográfica en caso de necesidade.

Imagen de fondo

Estas son as modalidades de teleasistencia móbil

Independencia

O servizo Independencia acompáñate para que goces de maior independencia e seguridade tanto dentro como fóra do fogar.

 

Tan sinxelo como premer o botón do teu teléfono móbil. Axudámoste no que necesites as 24 horas, os 365 días, esteas onde esteas grazas ao servizo de localización xeográfica, xa sexa por urxencia, soidade ou simplemente para falar.

 

En caso de urxencia, ao dispoñer dos datos persoais e de saúde que nos facilitaches, encargámonos de avisar os teus familiares ou persoas do contorno, así como médicos, policía, bombeiros…

+Independencia

O servizo Independencia acompáñate para que goces de maior independencia e seguridade tanto dentro como fóra do fogar.

 

Esta modalidade, ademais das prestacións do servizo TRANQUILIDADE, inclúe os seguintes servizos:

  • Seguimento personalizado adaptado ás necesidades
  • Recordatorio de medicación
  • Citas médicas

Tamén, nalgunhas poboacións (consultar dispoñibilidade), ofrécense os servizos de Custodia de chaves e Unidade móbil que permiten ao noso equipo de profesionais autorizados acceder ao domicilio en caso de caída, emerxencia… axilizando a atención e minimizando os posibles danos.

Servizos en función de dispoñibilidade

Custodia de chaves

Unidade móbil

Contacto permanente

A calquera hora, todos os días do ano.

Atención inmediata

Ante calquera urxencia.

Seguimento continuado

Para coñecer como estás.

Actividades

Para continuar activo e conectado.

Xeolocalización

En caso de caída, accidente...

Dispositivos adaptados

Para persoas con diversidade funcional.

*Baixo petición