Promoción da saúde con mazás saudables Cruz Vermella Española Lugo
Febrerio de 2019. En colaboración con APeTéCeMe
Cruz Vermella Española Lugo en colaboración co Restaurante Cafetería Apetéceme, realizou unha pequena acción de saúde no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) de Lugo.
Persoas voluntarias de Cruz Vermella Lugo prepararon un total 1.000 mazás que foron entregadas gratuitamente en cada menú polo persoal do Restaurante APeTéCeMe
Todas as mazás tiñan envoltorios repletos de consellos saudables, que trataban de concienciar sobre hábitos de vida saudables relacionados co deporte, a alimentación e o coidado persoal para mellorar e manter a saúde.
O noso obxectivo é concienciar, un pouco máis, sobre a importancia dos pequenos hábitos que fan que esteamos máis sans.
Co noso Plan de Saúde actuamos na sensibilización e prevención para previr e tamén para mellorar a saúde e por tanto o estado físico, psíquico e social.
Coñeces o novo Plan de Saúde de Cruz Vermella?
Reaprende, date boa vida e fai prevención de diabetes
Coñeces Quiérete a nosa app gratuíta para móbil?