Provincial de Lugo
Unidade asistencial drogodependencias
Cruz Vermella Española Lugo
Rúa San Eufrasio, Lugo. 982 280 434
Inaugurado en 2009, o Centro forma parte do sistema público de atención ás persoas drogodependentes.
Desde a Unidade Asistencial de Drogodependencias, ofrecemos unha resposta aos problemas creados polas dependencias a determinados tipos de substancias, tanto no ámbito individual, familiar e social.
As actividades principais do centro son:
- Información e asesoramento.
- Desintoxicación e seguimento médico.
- Terapia de deshabituación: grupal, individual, familiar e farmacolóxica.
- Dispensación de metadona.
- Grupo de pais.
- Atención médica, psicolóxica e social.
Tamén temos programas asistenciais
- Libre de Drogas.
- Alcol.
- Dependencias estimulantes.
- Ludopatías.
- Tabaquismo.
En definitiva, desenvolver capacidades individuais que favorezan as relacións interpersoais e a incorporación social
O Centro está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, dentro do Plan Autonómico de Drogas, e con recursos propios de Cruz Vermella.