Imagen Juventud
OBXECTIVO PREVENCIÓN Abre o teu enfoque!
1 DE DECEMBRO - Día Mundial da resposta ante o VIH e a sida
A OBXECTIVO PREVENCIÓN Abre o teu enfoque!
Ante calquera situación que poida orixinar a infección polo virus do VIH, centremos a atención na prevención.
VIH? sida? Pero... de que estamos a falar?
  • O VIH ou Virus de Inmunodeficiencia Humana é un virus que elimina determinadas células do sistema inmunolóxico, que é o que nos protexe contra infeccións e enfermidades.
  • A sida ou Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida é o conxunto de síntomas provocados por infeccións/enfermidades que o organismo sofre, como consecuencia do deterioro progresivo do sistema inmunolóxico, tras a infección polo VIH.
     
    O periodo de tempo entre a transmisión do VIH e o desenvolvemento da sida é moi variable. Por iso dicimos que todas as persoas que viven con sida teñen VIH, mais non todas as persoas que teñen VIH viven con sida.
  • A transmisión do VIH prodúcese cando entran en contacto directo: un fluído infectado por VIH e con capacidade de transmitir ese virus e unha porta de entrada ao torrente sanguíneo.

     

    Os fluidos con capacidade infecciosa son: o sangue, o seme, as secrecións vaxinais e o leite materno.

     

    As portas de entrada ao virus son: as mucosas (revestimento interior da boca, vaxina, pene e recto) e as roturas da pel (ferida aberta e profunda).

     

    Sempre que entre en contacto directo un fluido capaz de transmitir o VIH cunha porta de entrada ao virus, considérase unha situación ou práctica de risco.

     

    AS VÍAS DE TRANSMISIÓN DO VIH SON:

     

    • Vía sexual: relación sexual con penetración anal, vaxinal ou oral activa (para quen recibe os fluidos na boca), sen preservativo ou con rotura do mismo. Cando unha persoa presenta outras Infeccións de Transmisión Xenital (ITX's) o risco de infección por VIH aumenta.
    • Vía sanguínea: acceso de sangue infectada ao torrente sanguíneo polo intercambio de obxectos cortantes ou punzantes.
    • Vía materno-filial (transmisión vertical): durante o embarazo, o parto ou a lactancia. 

     

    Só existen estas tres vías de transmisión. O VIH non se transmite en actividades diarias como: bicar, dar unha aperta, dar a man; compartir a comida, o baño, a ducha, a piscina, a roupa... nin tampouco pola picadura dun insecto.

  • Tras unha exposición accidental ao virus do VIH por vía sexual ou parenteral, fóra do ámbito sanitario, recoméndase acudir ao servizo de urxencias do hospital público máis próximo.

     

    Nese servizo valorarase a pertinencia de aplicar a Profilaxe Post Exposición Non Ocupacional (PPENO). A PPENO:

     

    • Consiste nun tratamento con fármacos antirretrovirais durante 28 días.
    • Debe administrarse antes de 72 horas desde a exposición ao virus, preferiblemente nas primeiras 6 horas, xa que a súa efectividade aumenta canto antes se administre.
    • Implica riscos e efectos secundarios.

     

A proba do VIH
A única forma fiable de saber se unha persoa está ou non infectada polo VIH é facendo a proba do VIH.
  • As probas de diagnóstico do VIH que se usan son tests que detectan e miden, habitualmente mediante unha análise específica de sangue, a presenza dos anticorpos que xera o noso organismo para facer fronte ao VIH.
Cando facela?
  • Se tiveches unha práctica de risco, é aconsellábel facer a proba 4 semanas despois de terse producido esa situación e repetila 3 meses despois para que os resultados negativos sexan completamente fiables.

     

    O sistema inmunolóxico tarda en xerar os anticorpos que loitan contra o VIH entre 2 e 8 semanas desde que se produce a transmisión. Durante este intervalo, a persoa pode transmitir o VIH a outras persoas, a través das 3 vías de transmisión mencionadas.

     

    Fai a proba se...

     

    • Estás embarazada ou pensas estar.
    • Tiveches relacións sexuais de risco.
    • Compartiches material de inxección para o consumo de drogas.
    • Padeciches algunha Infección de Transmisión Xenital (ITX), tuberculose ou hepatite.
    • Queres deixar de usar o preservativo doa túa parella estable, sabendo que non está infectada polo VIH.

     

Por que facer a proba?
  • A detección temperá da infección permite:

     

    • Previr a transmisión do virus ou a reinfección.
    • Acceder a un seguimento/tratamento médico para mellorar a calidade de vida e diminuír o risco de evolución á sida.
Que técnicas se utilizan para detectar a infección por VIH?
  • As técnicas utilizadas poden dividirse en dous grandes grupos:

     

    • Técnicas inmunoenzimáticas ou de seroloxía tradicional (como o Test Elisa), dirixidas á detección dos anticorpos a partir dunha mostra de sangue. En caso de resultado positivo, a partir da mesma mostra de sangue debe realizarse outra proba, xeralmente o Western Blot, para confirmar o resultado.
    • Técnicas que identifican o virus ou os seus compoñentes estruturais: cultivos víricos, determinación do antíxeno p24 en plasma ou soro, demostración do xenoma vírico mediante técnicas de bioloxía molecular (PCR), etc.
Onde podo facer a proba?
    • Centros de atención primaria: médico/a de familia.
    • Centros Especializados en ITG's.
    • Consultas externas de hospitais públicos.
    • Laboratorios de análise clínica.

     

    A PROBA DO VIH FAISE DE FORMA GRATUITA, VOLUNTARIA, CONFIDENCIAL E, SE SE DESEXA, TAMÉN ANÓNIMA.

     

    Para máis información sobre onde podes facer a proba, de forma gratuita e anónima, consulta: www.cruzroja.es/vih/ 

     

     

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ALGÚNS TIPOS DE PROBAS...
Vivir con VIH
  • Hoxe en día, toda persona con VIH en España ten acceso a un tratamento público que garante a súa calidade de vida e si o desexa, a confidencialidade da infección.

     

    Ademais, se algunha persoa da túa contorna resultase infectada por VIH, lembra reforzar todas as túas habilidades, insistindo no apoio humano, o respecto e sobre todo, a información que che fai saber que nada cambia a túa relación con esa persoa. O rexeitamento é o que máis dano produce ás persoas que viven con VIH.

     

    Lembra que¿

     

    • O VIH non entende de sexo, idade, etnia, condición social...
    • Calquera persoa, se mantén prácticas de risco, pode verse afectada polo VIH.
    • Porque me quero, porque te quero... sempre sen riscos.
    • Investiga, experimenta, goza, arrisca... mais non coa túa saúde.
    • A detección temperá do VIH, a través da proba, pode facilitar o control do avance do virus no organismo, así como o progreso da infección (VIH) á enfermidade (sida).
    • Até o momento, non existe vacina nin tratamento que evite a transmisión nin elimine o virus do VIH do organismo.
    • O tratamento antirretroviral pode evitar a replicación do virus e restaurar o sistema inmunolóxico da persoa afectada. Deste xeito, mellórase a calidade de vida e aumenta a supervivencia das persoas que viven con VIH.
    • Unha persoa seropositiva ao VIH, tendo presente que ten que mantener uns hábitos de vida saludables e seguimento médico, pode levar unha vida normal no que se refire a relacións familiares, sociais e laborais.
    • A convivencia cunha persoa que vive con VIH/sida, mantendo hábitos saludables de cara a evitar a transmisión do VIH, non supón riscos.
    • O único remedio para evitar o VIH é a prevención.

     

Recursos
A
Materiales de la Campaña

Cartelería:

Cartel VIH 2017_español_logo.pdf

Cartel VIH 2017_español_sin logo.pdf

Cartel VIH 2017_catalán.pdf

Cartel VIH 2017_gallego.pdf
Cartel VIH 2017_euskera.pdf

 

Folletos:

 Díptico VIH Castellón Logo 2017.pdf
Díptico VIH Castellano sin logo 2017.pdf
Díptico VIH Catalán 2017.pdf
Díptico VIH Gallego 2017.pdf
Díptico VIH Euskera 2017.pdf

 

Servicio Multicanal de Información y Prevención del VIH

 

Portal de Prevención sobre ITS (PRE20) Cruz Roja Juventud

¿Qué hacemos?
Cruz Roja realiza una intervención constante para sensibilizar y prevenir nuevas infecciones de VIH, atender y dar tratamiento y apoyo a personas ya infectadas y para reducir el estigma y la discriminación.