Traballo social. Centro Dano Cerebral
Cruz Vermella Española Lugo
Fogar escola, Castro Riberas de Lea, Lugo. 982 31 10 30
Área de Traballo social
O traballador social é unha figura imprescindible dentro do Centro. Informamos ao residente e aos seus familiares dos sistemas de apoio así como dos recursos que existen segundo as súas necesidades. Explicamos, sempre da forma máis asertiva e obxectiva posible, as diferentes opcións que existen, para que libremente poidan escoller que camiño tomar.
As familias que se atopan cun membro con dano cerebral, necesitan unha nova organización e apoios que antes non necesitaban. Para dar unha resposta adecuada ao abanico de necesidades que xorden, é imprescindible a coordinación dos profesionais que traballan nos diferentes contextos onde se sitúe o residente.
Dentro do equipo multidisciplinar, o obxectivo último de todas as accións que se realizan é mellorar a calidade de vida dos residentes e das súas familias, a atención ás demandas sociais e a promoción e desenvolvemento das persoas.
Para iso entre as funcións que desempeñan os traballadores sociais coas familias atópanse:
- Información, asesoramento e orientación sobre os recursos existentes para atender as problemáticas detectadas.
- Prevención da sobrecarga familiar mediante o acompañamento na resolución de problemas sociais e a delegación de trámites como a xestión dunha pensión, o recoñecemento dunha discapacidade, o recoñecemento da situación de dependencia e demais axudas.
Mentres algunhas das que desempeña dentro do equipo multidisciplinar son:
- Estudo da situación legal, social e familiar para realizar unha intervención adecuada.
- Información, asesoramento e orientación sobre os recursos existentes para atender as problemáticas detectadas.
- Orientación ao equipo dos mesmos.
- Coordinación con organismos públicos e privados para a derivación de casos cando sexa necesario.
Seguimento de cada caso.