Axuda e formación para persoas coidadoras Cruz Vermella Lugo
Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Apoio psicolóxico, de respiro, formación e recursos para coidadores non profesionais de persoas maiores dependentes con demencia.
Tipos de demencias
As demencias son un grupo de enfermidades neurodegenerativas caracterizadas pola deterioración progresiva de funcións mentais como a memoria, a orientación ou a linguaxe.
As demencias son irreversibles e progresivas. As máis comúns son:
Enfermidade de Alzheimer: Problemas na memoria, a aprendizaxe, os pensamentos e o comportamento. Transtornos da linguaxe. Alteracións do soño. Dificultade para realizar actividades da vida diaria.
Demencia frontotemporal: Cambios emocionais e de personalidade (apatía, estado anímico). Alteracións do comportamento (repetitivo e compulsivo, illamento, problemas de hixiene persoal). Dificultades na linguaxe.
Demencia de corpos de Lewy: Deterioración cognitiva e mental, alucinacións. Tremores, rixidez muscular, debilidade, marcha inestable. Alteración do soño. Alteración do estado de ánimo e comportamento.
Demencia vascular: Deterioración cognitiva, intelectual e emocional (depresión, axitación, confusión). Problemas de concentración. A comunicación, entre o paciente e o coidador, é posible ata fases moi avanzadas,
Demencias mixtas: Tamén chamada demencia multifactorial. É a combinación de dúas ou máis tipos de demencia e ten un impacto maior no cerebro.
Discapacidade e dependencia
Todas estas enfermidades producen un grao moi elevado de discapacidade.
As persoas maiores con demencia necesitan de axuda permanente e coidado persoal. Xeralmente o coidado destas persoas na contorna familiar está en mans de coidadores non profesionais. A atención dunha persoa maior con demencia presenta moitos obstáculos para as familias e coidadores. En moitas ocasións, a persoa maior ten alteracións do comportamento e cadros depresivos, delirios ou alucinacións requirindo supervisión durante 24 horas ao día.
A sobrecarga da persoa coidadora
Os coidadores non profesionais de maneira altruísta asumen as principais tarefas e responsabilidades de coidar. Ao longo do proceso aumenta progresivamente a carga física, psicolóxica e emocional da persoa coidadora, ata chegar a unha dedicación total diaria ao seu familiar, que pode provocar problemas de saúde física e psíquica.
Axuda a coidadores non profesionais
Para mellorar a atención aos coidadores e diminuír a súa carga, ansiedade e depresión, é necesario un programa que combine o apoio educativo, o apoio emocional e a facilitación de recursos.
Cursos de formación e información útil cursos especializados para coidados de persoas con alzheimer, documentos de apoio, publicacións, revistas, libros, vídeos
Teléfono de axuda para coidadores e asistencia psicolóxica e emocional.
Proxecto respiro, voluntarios de Cruz Vermella substitúen por unhas horas á semana ao coidador da persoa dependente.
Teléfono gratuíto de información: 900 365 100