Cruz Roja Española en Lugo. Cooperación para el desarrollo


Educación para o desenvolvemento e cooperación internacional
Cruz Vermella Xuventude

Xuventude. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Promovemos e difundimos valores humanitarios como a solidariedade, a xustiza, o respecto, a igualdade, o diálogo, a Paz e a cooperación internacional desde un enfoque de Dereitos Humanos e a través da sensibilización social e a educación para os Dereitos Humanos, a Paz e o Desenvolvemento.


Proxectos de Educación para o desenvolvemento e cooperación internacional


Obxectivo: Informar e formar sobre a realidade da poboación mundial. Promover e difundir valores humanitarios e de solidariedade a través da sensibilización social e a educación a favor dos Dereitos Humanos, a Paz e o Desenvolvemento.

Destinatarios/as: nenos/as e mozos en particular e poboación en xeral.

Contidos: Dereitos Humanos, Educación Intercultural, Educación para a Paz e o Desenvolvemento e a Cooperación Internacional.

Obxectivo: potenciar o desenvolvemento estrutural de Cruz Vermella Mocidade noutras Sociedades Nacionais.

Destinatarios/as: nenos/as e mozos en particular e poboación en xeral.

Contidos: Desenvolvemento institucional desde Cruz Vermella Mocidade, fortalecemento da estrutura organizativa das seccións de mocidade doutras sociedades nacionais, xestión económica e financeira, estrutura territorial.

Obxectivo: Difundir e promocionar a aplicación e defensa dos Dereitos Humanos, os Dereitos da Infancia e o Dereito Internacional Humanitario.

Destinatarios/as: nenos/as e mozos en particular e poboación en xeral.

Contidos: Dereitos humanos, dereitos e deberes da infancia.

Obxectivo: promover actitudes de aceptación, respecto e tolerancia cara ao resto das persoas, sexa cal for a súa procedencia, idade, sexo ou situación social. lograr a consecución do salto dunha sociedade multicultural como a que vivimos cara a outra intercultural, na que se integren e respecten as diversas identidades culturais. Favorecer e reforzar as bases dunha relación recíproca entre sociedades distintas e/ou distintos grupos culturais e en consecuencia, conseguir que a diversidade deixe de ser un motivo de marxinación e realizar un esforzo por manter as distintas identidades culturais.

Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as en particular e poboación en xeral.

Contidos: interculturalidad, multiculturalidad, prexuízos, dereitos da poboación inmigrantes, outras realidades, percepcións.

Obxectivo: Favorecer o coñecemento e posta en práctica dunha cultura de respecto e mostrar que o diálogo e a cooperación son máis efectivos que a violencia.

Destinatarios/as: nenos/as e mozos en particular e poboación en xeral.

Contidos: convivencia, realidade Norte-Sur, Habilidades, actitudes de comprensión e respecto, outras realidades, igualdade entre seres humanos, solidariedade, cultura de paz.

Obxectivo: Informar de maneira rápida e precisa á cidadanía en xeral, e á poboación máis nova en particular, ante desastres, non só durante a fase de emerxencia, senón tamén nos períodos previos e posteriores a unha catástrofe. Están integrados no operativo de resposta a emerxencias de Cruz Vermella Española, polo que se activan de forma paralela e simultánea a este sistema. Preténdese por tanto, canalizar a resposta da poboación ante catástrofes, informándoa e facéndoa partícipe mediante diversos métodos (accións de sensibilización en centros escolares, a pé de rúa, por medio de carteis...).

Destinatarios/as: poboación en xeral.

Contidos: desastres, catástrofes, axuda humanitaria, dispositivos de emerxencia, cooperación ao desenvolvemento.


Que son os dereitos humanos?

 

Cruz Vermella Lugo - Faite Voluntario

Faite Voluntari@

Xogo interactivo

Por unha cultura de non violencia


Medios de vida

Cruz Roja Juventud. Sección juvenil de Cruz Roja Española


Descarga + información