Empleo. Trabajando con las personas. Cruz Roja Española. Lugo - Galicia


Emprego. Traballando coas persoas. Cruz Vermella Española. Lugo - Galicia

Emprego. Traballando coas persoas. Cruz Vermella Española. Lugo - Galicia

Traballando coas persoas

Cando unha persoa chega ao noso Servizos de Emprego, acompáñaselle de maneira personalizada para axudarlle a definir as súas fortalezas, coñecer as súas necesidades formativas, como afrontar un proceso de selección, etc.

Toda esta información vai permitir que cada persoa afronte da maneira máis adecuada a incorporación ao mercado laboral. Os profesionais de Cruz Vermella acompañan neste camiño ofrecendo:

  • Orientación laboral.
  • Formación e cualificación profesional.
  • Intermediación, para facilitar a conexión entre as persoas que buscan emprego e as empresas que necesitan traballadores e traballadoras.

 

Do mesmo xeito, tamén é necesario intensificar as campañas de comunicación e sensibilización  para transmitir o noso compromiso coa igualdade de oportunidades e de trato no emprego.

 

 

"Durante estes días aprendín moito"

Eduardo, 24 años

 

"A miña experiencia foi moi positiva"

Florencia, 18 anos

"Agardo que esta experiencia sirva para atopar traballo"

Antonio, 26 anos