Cruz Roja Española. Lugo. Familias acogedoras


Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


 

Este proxecto ten o obxectivo de facilitar un ambiente familiar normalizado aos nenos e nenas que están en situación de risco, desamparo ou desprotección social.

Co acollemento recibirás máis do que dás. Pode ser familia acolledora aquela que teña ganas e ilusión de facer sitio no seu fogar a un ou varios nenos. Non importa a idade, o sexo, o estado civil ou a posición socioeconómica.

Acollemento familiar

  • O acollemento non é unha adopción, é unha situación temporal.
  • Pode ser a curto prazo, cando o retorno do menor coa súa familia biolóxica prevese en breve.
  • Pode ser a longo prazo, cando se prevé un difícil retorno do menor coa súa familia biolóxica.
  • Durante o acollemento existen visitas, chamadas, etc. entre o menor e a súa familia, para que non se perdan os vínculos afectivos.
  • Sempre se vai a optar polos intereses que máis beneficie ao menor.

Modalidades

  • Os nenos e nenas conviven coa familia durante a totalidade do día (son os máis habituais) e comezan paulatinamente.
  • O neno ou nena só pasa unha parte do día coa familia acolledora, que se complementa coa súa.
  • A convivencia cos acolledores prodúcese en de fin de semana e vacacións.
  • A incorporación do menor realízase sen período previo de adaptación e por un tempo moi determinado (acollemento de urxencia).

Apoio e seguimento

  • As familias acolledoras reciben un apoio económico dependendo da idade dos nenos/nenas.
  • As persoas acolledoras reciben formación continua, de coidado parental e emocional, que se realiza a través da Escola de Formación para Familias Acolledoras de Cruz Vermella
  • Ademais, cando un neno ou nena xa está acollido nun fogar, realízanse visitas a domicilio, chamadas telefónicas e informes de seguimento.

Testimonios acollemento

 

Testimonios de Familias de Acogimiento en Vídeo
 

Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella

Familias acolledoras

Web oficial de acogimiento familiar de Cruz Roja en Galicia

Descarga + información