Deixar un legado a Cruz Vermella. Legado Solidario


Legados e herdanzas
Cruz Vermella Lugo

Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Hai unha maneira de que o teu compromiso por un mundo mellor, máis xusto, perdure incluso cando ti non esteas: incluír a Cruz Vermella no teu testamento. Queremos ofrecerche a posibilidade de que cando a túa voz cale, o teu corazón poida seguir falando a favor das persoas máis necesitadas.


Podes facer testamento a favor de Cruz Vermella de varias maneiras:

  • Destinar unha porcentaxe da herdanza a Cruz Vermella, por exemplo, o 2%.
  • Facer un legado específico a favor de Cruz Vermella.
  • Nomear a Cruz Vermella como herdeira única de todos os teus bens ou como co-herdeira no caso de que haxa outros herdeiros

Exemplos de legados:

  • Dunha vivenda, un terreo ou unha leira rústica.
  • De diñeiro en efectivo ou depositado no banco.
  • De accións, fondos de investimento ou seguros de vida.
  • Outros bens como xoias, obras de arte, mobles, etc.

Como afectará o meu legado aos meus posibles herdeiros?

Ao facer un legado non debemos preocuparnos en que este poida prexudicar os dereitos dos nosos herdeiros forzosos (as persoas que por lei teñen dereito a recibir o seu parte da herdanza), debido a que por imperativo legal van respectar os seus dereitos de lexítima, así que podemos estar tranquilos en decidir como distribuír o resto do noso patrimonio.


Como vai utilizar Cruz Vermella o meu legado?

Todos os bens que reciba Cruz Vermella serán utilizados para desenvolver e financiar totalmente ou en parte, algún dos proxectos, programas ou actividades que Cruz Vermella leva a cabo a favor dos colectivos máis vulnerables e que estean vixentes nese momento. Se non se trata de diñeiro en efectivo, Cruz Vermella encargarase de atopar o mellor comprador para os bens e destinará o ingreso resultante aos proxectos que se estean desenvolvendo.


Teléfono gratuíto de información: 900 22 44 90

 

Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella

Sede provincial Lugo

Descarga + información

Legacies and Inheritances. Red Cross