Principios Fundamentais de
Cruz Vermella e Media Lúa Vermella

Cruz Vermella Española Lugo. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Cruz Vermella Española pertence á Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, que promove as actividades humanitarias das Sociedades Nacionais en favor das persoas vulnerables.

Mediante a coordinación do socorro internacional en casos de desastre e o fomento da asistencia para o desenvolvemento, proponse previr e aliviar o sufrimento humano.

A Federación, as Sociedades Nacionais e o Comité Internacional da Cruz Vermella constitúen, xuntos, o Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.


PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS DO MOVEMENTO INTERNACIONAL DA CRUZ VERMELLA E DA MEDIA LÚA VERMELLA

O Movemento da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, ao que deu nacemento a preocupación de prestar auxilio, sen discriminación, a todos os feridos nos campos de batalla, esfórzase, baixo o seu aspecto internacional e nacional, en previr e aliviar o sufrimento dos homes en todas as circunstancias. Tende a protexer a vida e a saúde, así como a facer respectar á persoa humana. Favorece a comprensión mutua, a amizade, a cooperación e unha paz duradeira entre todos os pobos.
Non fai ningunha distinción de nacionalidade, raza, relixión, condición social nin credo político. Dedícase unicamente a socorrer aos individuos en proporción cos sufrimentos, remediando as súas necesidades e dando prioridade ás máis urxentes.
Co fin de conservar a confianza de todos, o Movemento abstense de tomar parte nas hostilidades e, en todo tempo, nas controversias de orde política, racial, relixioso ou ideolóxico.
O Movemento é independente. Auxiliares dos poderes públicos nas súas actividades humanitarias e sometidas ás leis que rexen os países respectivos, as Sociedades Nacionais deben, con todo, conservar unha autonomía que lles permita actuar sempre de acordo cos principios do Movemento.
É un movemento de socorro voluntario e de carácter desinteresado.
En cada país só pode existir unha Sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, que debe ser accesible a todos e estender a súa acción humanitaria á totalidade do territorio.
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, en cuxo seo todas as Sociedades teñen os mesmos dereitos e o deber de axudarse mutuamente, é universal.

Vídeo institucional Cruz Vermella Española


Faite socio/a de Cruz Vermella

Hazte socio de Cruz Roja


Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella


Cruz Roja Española. Cooperación Internacional

Comité Internacional Cruz Vermella
CICR - Comité Internacional Cruz Vermella


Federación Internacional da Cruz Vermella e Media Lúa Vermella
IFRC - Federación Internacional da Cruz Vermella e Media Lúa Vermella


Descarga + información

Principios fundamentales de Cruz Roja y Media Luna Roja

Principios fundamentales de Cruz Roja y Media Luna Roja