Provincial de Lugo
Rehabilitación con fisioterapia acuática
Cruz Vermella Española Lugo
Fogar escola, Castro Riberas de Lea, Lugo. 982 31 10 30
A hidroterapia, dadas as súas propiedades e os seus múltiples beneficios, é un complemento terapéutico importante en toda rehabilitación de persoas que sufriron un dano cerebral adquirido
Coa terapia acuática prodúcese unha mellora xeral significativa; a inmersión en auga quente produce unha relaxación da musculatura, causando unha hipotonía da mesma cando os movementos son lentos e pausados.
Na auga as persoas con dano cerebral necesitan menos enerxía e axuda para moverse, teñen maiores rangos de movemento provócase un aumento do ton muscular e unha melloría notable nas reaccións de equilibrio e na marcha.