Servizos preventivos Cruz Vermella Lugo
Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Este programa dá cobertura preventivo-sanitaria aos acontecementos que implican unha gran afluencia de persoas , e que fai aumentar o risco de que ocorra un incidente, ou actividades que puidesen entrañar riscos a participantes e público
Téndese a favorecer a cobertura daquelas actividades que teñan que ver co deportivo e o cultural, tales como: carreiras ciclistas, torneos e campionatos, concertos, concentracións, festas...
Cruz Vermella achega en cada servizo preventivo, os recursos humanos e materiais necesarios para resolver todo tipo de incidencias, así como para asegurar a posta en marcha inmediata dos tres primeiros elos da "Cadea da supervivencia", (activación do sistema de emerxencias, inicio das manobras de reanimación cardiopulmonar básica e desfibrilación semiautomática), no caso de que se produza unha urxencia vital ou unha patoloxía tempo-dependente durante a cobertura dun servizo preventivo
Solicitar orzamento para un servizo preventivo con ambulancia de soporte vital básico:
Calquera entidade pública ou privada que requira a cobertura sanitaria dun evento pode solicitar os servizos preventivos de Cruz Vermella, asesoramento ou un orzamento