Provincial de Lugo
Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Este proxecto ten o obxectivo de facilitar un ambiente familiar normalizado aos nenos e nenas que están en situación de risco, desamparo ou desprotección social.
Co acollemento recibirás máis do que dás. Pode ser familia acolledora aquela que teña ganas e ilusión de facer sitio no seu fogar a un ou varios nenos. Non importa a idade, o sexo, o estado civil ou a posición socioeconómica.
Acollemento familiar
- O acollemento non é unha adopción, é unha situación temporal.
- Pode ser a curto prazo, cando o retorno do menor coa súa familia biolóxica prevese en breve.
- Pode ser a longo prazo, cando se prevé un difícil retorno do menor coa súa familia biolóxica.
- Durante o acollemento existen visitas, chamadas, etc. entre o menor e a súa familia, para que non se perdan os vínculos afectivos.
- Sempre se vai a optar polos intereses que máis beneficie ao menor.
Modalidades
- Os nenos e nenas conviven coa familia durante a totalidade do día (son os máis habituais) e comezan paulatinamente.
- O neno ou nena só pasa unha parte do día coa familia acolledora, que se complementa coa súa.
- A convivencia cos acolledores prodúcese en de fin de semana e vacacións.
- A incorporación do menor realízase sen período previo de adaptación e por un tempo moi determinado (acollemento de urxencia).
Apoio e seguimento
- As familias acolledoras reciben un apoio económico dependendo da idade dos nenos/nenas.
- As persoas acolledoras reciben formación continua, de coidado parental e emocional, que se realiza a través da Escola de Formación para Familias Acolledoras de Cruz Vermella
- Ademais, cando un neno ou nena xa está acollido nun fogar, realízanse visitas a domicilio, chamadas telefónicas e informes de seguimento.