Ictus. Castro Riberas de Lea. Cruz Roja Lugo

Dano cerebral. Centro Dano Cerebral
Cruz Vermella Española Lugo

Fogar escola, Castro Riberas de Lea, Lugo. 982 31 10 30


Rehabilitación do dano cerebral adquirido


O dano cerebral é unha lesión que se produce de forma súbita en persoas previamente sas provocando alteracións tanto físicas como cognitivas, as cales repercutirán posteriormente na súa autonomía e manexo social.

As principais causas son os ictus ou accidentes cerebrovasculares (ACV). Trátase de cadros clínicos que se producen pola falta de aporte sanguíneo a algunha rexión do cerebro orixinando unha alteración na función da que é responsable esa área cerebral danada.

Outra das principais causas son os traumatismos craneoencefálicos (TCE), sendo os accidentes de tráfico a causa máis frecuente seguidos dos accidentes laborais.

Causas menos frecuentes inclúen os tumores cerebrais, infeccións (encefalitis) ou as anoxias cerebrais (falta de aporte de osíxeno no cerebro).

A rehabilitación busca minimizar os déficits ou discapacidades experimentadas polas persoas que sufriron dano cerebral, así como tratar de facilitar a súa autonomía e reintegración social.

Os programas de rehabilitación usan técnicas de terapia física, terapia ocupacional, terapia psicolóxica y de logopedia, segundo o tipo e grao de discapacidade, que se poden utilizar aisladamente ou en combinación.

No Centro de dano cerebral adquirido de Cruz Vermella Española de Lugo dispoñemos de dispositivos e sistemas robotizados especializados na rehabilitación do dano cerebral cos que desenvolvemos unha terapia intensiva e interactiva.

Desenvolvemos terapias coa última tecnoloxía en rehabilitación robotizada Lokomat, VirtualRehab, mesa interactiva táctil, con hidroterapia, etc.

Os nosos programas son específicos de rehabilitación integral, interdisciplinares e individualizados, permitindo unha avaliación obxectiva do progreso monitorado dos usuarios.