Medio ambiente e sostibilidade. Campo Castelo, 37. Lugo


É unha realidade que o coidado do medio ambiente é un reto compartido e que debemos reflexionar sobre as nosas responsabilidades ao respecto. Por que Cruz Vermella, que sempre se identificou coa acción social, se preocupa agora polo medio ambiente? Porque o deterioro medioambiental xera vulnerabilidade, e por iso promovemos accións innovadoras para fomentar o aforro enerxético, para corresponsabilizarnos sobre o coidado do planeta, coa clara intencionalidade de crear contornas e ambientes más sostibles e saudables.


Vehículos ecolóxicos con autogás


Vehículos ecolóxicos con autogás

En Cruz Vermella Lugo estamos sensibilizados co medio ambiente e incorporamos ao noso parque móbil dous vehículos ecolóxicos dotados de gas licuado de petróleo ( GLP ou Autogás).

O autogás para automoción é unha mestura de propano e butano comprimido ata tal punto que se volve un líquido e permite unha combustión limpa no motor dun vehículo

Leer máis ]



Balance da campaña de aforro enerxético lámpadas LED


Campaña de aforro enerxético. Por cada lámpada halóxena dámosche un LED

En Castelo 37 finalizamos con gran éxito a campaña de aforro enerxético, de medio ambiente e sustentabilidade, superando con fartura todas as expectativas iniciais.

Entregáronse 347 lámpadas LED (lámpadas de baixa necesidade de enerxía eléctrica e alta duración), a cambio de lámpadas tradicionais incandescentes (o 90% da enerxía que se lle fornece é transformada en calor, é dicir que se desperdicia, e posúen menor duración que as lámpadas LED).

Entre toda la ciudadanía de Lugo estimamos en 18.238,32 los kw (kilovatios) anuales que hemos conseguimos ahorrar, con su consecuente reducción en emisiones de CO2 (dióxido de carbono, un gas cuyas emisiones en la atmósfera afectan al cambio climático). A redución de CO2, calculada segundo o factor de emisión (kg CO2/kWh), supón un aforro total estimado de 5.836,26 kg.

Traducimos este aforro enerxético en aforro económico solidario. A cantidade aforrada, que estimamos nun importe aproximado de 3.283 euros, xunto cunha achega neta de 6000 euros de Cruz Vermella Española Lugo (importe total de 9300 euros), serviu para repartir 150 kits de aforro enerxético a familias en situación de vulnerabilidade.

Cruz Vermella Española Lugo pretende contribuír á consecución do sétimo obxectivo de desenvolvemento sustentable Enerxía renovable e accesible: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovable e sustentable para todos, impulsando unha campaña de sensibilización para concienciar á cidadanía de Lugo da importancia da participación conxunta para axudar ao aforro enerxético da cidade e colaborar para frear o cambio climático.

Moitas grazas, entre todos estamos a construír unha cidade máis sustentable e solidaria.
[ VER MÁIS ]

Para estar cada vez máis preto das persoas e do medio ambiente


Sensibilización medio ambiente

Foto
Sensibilización, formación e intervención

Apostamos por un modelo de desenvolvemento sustentable e por iso fomentamos a defensa e conservación do medio ambiente mediante, a realización de actividades de educación e sensibilización ambiental, buscando así un maior equilibrio entre os seres humanos e a natureza e mellorando a calidade de vida das persoas máis vulnerables [SENSIBILIZACIÓN]

Educación ambiental e sustentabilidade

Foto
Educación ambiental e sustentabilidade

Pretendemos transmitir coñecementos, concienciar e sensibilizar ao redor da problemática ambiental, potenciando nas persoas a adquisición de valores e actitudes positivas e respectuosas co medioambiente, que lles movan a participar de forma activa na súa protección e mellora.[EDUCACIÓN AMBIENTAL]

Obxectivos de desenvolvemento 

Foto
Obxectivos de desenvolvemento sustentable

En Cruz Vermella estamos comprometidos cos obxectivos de desenvolvemento sustentable, auga limpa e saneamento, enerxía alcanzable e non contaminante, cidades e comunidades sustentables, produción e consumo responsables, acción polo clima, vida submarina, vida de ecosistemas terrestres. ...[OBXECTIVOS DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE]