Cruz Roja Española en Lugo. Cruz Roja Juventud

Medremos con dereitos
Cruz Vermella Xuventude

Lugo. Sábado 18 de novembro
Actividades no Centro Comercial As Termas


Co motivo do día "Día Internacional dos Dereitos da Infancia", que se celebra o día 20 de Novembro, Cruz Vermella Xuventude pretende concienciar sobre os dereitos das nenas e nenos


Colabora:

sábado 18 de novembro dende as 12 do mediodía ata as 2 da tarde, e dende as 4 ás 8 da noite estaremos no Centro Comercial As Termas xunto aos máis pequenos e pequenas, que pasarán un intre agradable connosco realizando as seguintes actividades:

  • Primeira actividade: As nenas e nenos participantes crearán os seus propios debuxos, preferentemente relacionados co día do neno, e os colearán. Unha vez finalizados os seus traballos serán expostos nun mural.
  • Segunda actividade: Colocación dunha diana electrónica, para poder entender os valores e a importancia do xogo, de uso exclusivo e gratuíto das nenas e nenos participantes.
  • Terceira actividade: Xogos dinámicos (Twister ou Quen é quen, entre outros)
  • Cuarta actividade: Os participantes que o desexen poderán sacarse unha foto nun mural (photocall) de Cruz Vermella, coa posibilidade de subila a Facebook (opcional e co consentimento expreso dos seus pais).

Idade límite dos participantes: 14 anos.

As actividades estarán a cargo do equipo técnico especializado e con ampla experiencia de Cruz Vermella Xuventude en Lugo.

¿Queres coñecer os programas e actividades de Cruz Vermella Xuventude en Lugo?


Cruz Roja Española en Lugo. Cruz Roja Juventud


Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella

Cruz Roja Juventud. Sección juvenil de Cruz Roja Española