Campo Castelo 37. Medio ambiente e sustentabilidade. Campaña de aforro enerxético. Lámpadas LED. 2018. Cruz Vermella Lugo

Balance da campaña de aforro enerxético lámpadas LED
Cruz Vermella Española Lugo

21 decembro 2018 ao 4 de xaneiro 2019. Campo Castelo 37, Lugo

En Castelo 37 finalizamos con gran éxito a campaña de aforro enerxético, de medio ambiente e sustentabilidade, superando con fartura todas as expectativas iniciais

Entregáronse 347 lámpadas LED (lámpadas de baixa necesidade de enerxía eléctrica e alta duración), a cambio de lámpadas tradicionais incandescentes (o 90% da enerxía que se lle fornece é transformada en calor, é dicir que se desperdicia, e posúen menor durabilidade que as lámpadas LED).

Entre toda a cidadanía de Lugo estimamos en 18.238,32 los kw (quilovatios) anuais o que conseguimos aforrar, coa súa consecuente redución en emisións de CO2 (dióxido de carbono, un gas cuxas emisións na atmosfera afectan o cambio climático). A redución de CO2, calculada segundo o factor de emisión (kg CO2/kWh), supón un aforro total estimado de 5.836,26 kg.

Traducimos este aforro enerxético en aforro económico solidario. A cantidade aforrada, que estimamos nun importe aproximado de 3.283 euros, xunto cunha achega neta de 6000 euros de Cruz Vermella Española Lugo (importe total de 9300 euros), serviu para repartir 150 kits de aforro enerxético a familias en situación de vulnerabilidade.

Cruz Vermella Española Lugo pretende contribuír á consecución do sétimo obxectivo de desenvolvemento sustentable Enerxía renovable e accesible: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovable e sustentable para todos, impulsando unha campaña de sensibilización para concienciar á cidadanía de Lugo da importancia da participación conxunta para axudar ao aforro enerxético da cidade e colaborar para frear o cambio climático.

Moitas grazas, entre todos estamos a construír unha cidade máis sustentable e solidaria.

Cruz Vermella Lugo - Centro de dano cerebral

Centro de daño cerebral. Cruz Vermella Española - Lugo

Faite socio/a de Cruz Vermella

Hazte socio de Cruz Roja

Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella