Campamentos urbanos de verán
Cruz Vermella Española en Vilalba
Xullo y agosto de 2019. Vilalba. Lugo
Este ano, 23 nenos e nenas de 4 a 16 anos participaron nos Campamentos Urbano de Cruz Vermella Española en Vilalba ao longo do mes de xullo e ata o 2 de agosto.
Entre as actividades, talleres, excursións e experiencias realizadas resaltamos as seguintes:
O taller de formación e seguridade viaria da man da Dirección Xeral de Tráfico, no Pavillón Municipal e en colaboración co Concello de Vilalba. Aí os pequenos do noso campamento coñeceron os recursos de emerxencias sanitarias coa colaboración da Garda Civil, dos departamentos de Seguridade Cidadá, Seprona e Tráfico, así como dos Bombeiros do parque de Vilalba.
A visita ás instalacións do aeroporto de Santiago de Compostela e á súa torre de control, onde os nenos e nenas participantes puideron ver unha exhibición de medios por parte dos bombeiros do aeroporto, ademais de contar coa visita do halconero e dous dos falcóns encargados de afastar ás pequenas aves do espazo de tráfico aéreo.
Unha experiencia inesquecible no Centro Hípico Pazo de Meire de Belesar, onde puideron deleitarse do contacto coa natureza, as particularidades do mundo equino, e dos paseos dacabalo.
Visita á Casa Grande de Xanceda cunha diversidade de actividades enfocadas a coidar do medio ambiente e no respecto pola natureza.
Taller de primeiros auxilios, incluíndo boas prácticas e diferentes formas de actuación #ante calquera accidente no deporte.
Ademais da tradicionais festas de celebración do día dos aniversarios, na que pequenos e monitores gozaron de comidas todos xuntos na sede de Cruz Vermella Española de Vilalba.
Cada vez máis preto das persoas e, esta vez, traballando por e para os máis pequenos.
Se es unha persoa comprometida e che apetece contribuír nas nosas actividades, ven a colaborar con Cruz Vermella facendo voluntariado.
Cruz Vermella Vilalba Cruz Vermella Mocidade Fai Voluntariado