Puntos violeta Arde Lucus. Cruz Vermella Lugo
Puntos violeta Arde Lucus. Cruz Vermella Lugo
Puntos violeta Arde Lucus. Cruz Vermella Lugo
Puntos violeta Arde Lucus. Cruz Vermella Lugo
Puntos violeta Arde Lucus. Cruz Vermella Lugo
Puntos violeta Arde Lucus. Cruz Vermella Lugo

Puntos violeta no Arde Lucus
Cruz Vermella Española Lugo

Xuño de 2019. Lugo, festas do Arde Lucus


As violencias sexistas teñen moitas formas, ámbitos e espazos nos que se producen. Debemos concienciar e sensibilizar para modificar e erradicar actitudes e comportamentos sexistas nos espazos de ocio, creando así espazos libres de agresións, onde todos e todas poidamos desfrutar das festas libremente e con tranquilidade.

Cruz Vermella Lugo encargouse de xestionar os dous puntos violeta, que solicitou o Concello de Lugo, e que se puxeron en marcha durante as festas do Arde Lucus, os días 14, 15 e 16 de xuño de 2019. Dende estes espazos levouse a cabo unha importante labor de sensibilización, ofrecendo información e asesoramento á poboación en xeral sobre violencias sexistas, e sobre o funcionamentos dos propios puntos violeta. Ademais, estes espazos serviron como punto seguro ao que acudir en caso de agresión sexista, nos cales ofreceuse atención e acompañamento a persoas vítimas dalgunha agresión deste tipo.

Os puntos violetas estiveron situados un, na Praza de Campo Castelo e outro, na Praza Horta do Seminario. Estiveron abertos ao público no seguinte horario: venres 14 de xuño de 17:00 a 03:00h, sábado 15 de xuño de 11:00h a 03:00h e domingo 16 de xuño de 11:00h a 21:00h.

Ambos puntos estiveron atendidos por cinco profesionais, das cales catro eran psicólogas, e unha traballadora social. Cabe destacar que todas contaban con formación e/ou experiencia en cuestións de xénero.

Os obxectivos que nos marcamos foron:

- Concienciar e sensibilizar sobre o problema social e comunitario que supoñen as agresións sexistas, dando información e asesoramento á poboación en xeral.

- Ofrecer un espazo seguro de atención e intervención fronte a posibles agresións sexistas, centrándonos no interese superior da vítima.

Valoramos positivamente a labor levada a cabo dende os puntos violeta, xa que se informou a cerca de 350 persoas que se achegaron aos dous puntos violetas, repartindo un total de 563 folletos e 280 chapas. Cremos que é un dato positivo, aínda que se deberá traballar para incrementalo en futuras ocasións nas que se poña en funcionamento de novo esta iniciativa, tanto no Arde Lucus coma noutras festividades e eventos que acollan un gran número de persoas.

Ademais Cruz Vermella Lugo cubriu os servizos preventivos do Arde Lucus (circo romano, desfile pola muralla, espectáculos na chaira do pavillón dos deportes, desfile dos colexíos, etc... ) cun dispositivo sanitario especial, composto por unha ambulancia de Soporte Vital Básico, unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado na Praza Maior, e un vehículo de apoio cardioprotexido.

Recursos humanos: un médico, enfermeiro, técnicos en emerxencias sanitarias, técnicos en transporte sanitario, socorristas e persoas voluntarias de Cruz Vermella con desfibrilador e mochilas de auxilio polas zonas de maior aglomeración.

Perspectiva de xénero e coeducación


Cruz Vermella Lugo - Centro de dano cerebral

Centro de daño cerebral. Cruz Vermella Española - Lugo

Cruz Roja Lugo - Formación

Formación Cruz Roja Lugo


Cruz Roja Lugo - Blog

Cruz Roja Lugo - Blog


Cruz Vermella Lugo - Faite Voluntario

Faite Voluntari@