Provincial de Lugo
Terapia ocupacional. Centro Dano Cerebral Cruz Vermella Española Lugo
Fogar escola, Castro Riberas de Lea, Lugo. 982 31 10 30
Área de Terapia ocupacional
Desde a área de Terapia Ocupacional traballamos centrándonos na persoa e nas súas necesidades. Desta maneira, ademais de facer fincapé nas Actividades da Vida Diaria, realizamos unha serie de actividades centradas na rehabilitación física e cognitiva do usuario.
Para iso utilizamos dous dispositivos de realidade virtual chamados: Virtual body e Virtual hands. O primeiro deles permite realizar unha rehabilitación das extremidades superiores e inferiores mediante un conxunto de módulos terapéuticos, mentres que o segundo céntrase na práctica das habilidades motoras finas, mediante uns exercicios que permiten adestrar a destreza, o rango de movemento e a forza muscular.