Dinamización social. Campo Castelo, 37. Lugo


Somos seres sociais por natureza, e este é un dos piares fundamentais da nosa calidade de vida. Queremos impulsar as relacións sociais entre a veciñanza e as comunidades, recuperar a vida de barrio, apostar pola humanización, para crear contornas máis amigables e saudables, fomentando o apoio e a axuda mutua. .

Visitas a empresas

Foto
Comarca de Ulloa

Como exemplo de boas prácticas en relacións sociais empresariais, cooperación e empoderamiento feminino varias participantes en programas de inserción de Cruz Vermella Española Lugo realizaron visitas didácticas na contorna rural da comarca de Ulloa . Visitáronse as empresas Milhulloa (cooperativa dedicada á agricultura ecolóxica), A Cernada (explotación gandeira de leite) e Aqueixal (empresa de elaboración de queixos e iogures ecolóxicos). [VISITAS A EMPRESAS]

O rural máis vivo

Foto
Concello de Vilalba

Os obxectivos que se buscan conseguir co "Plan de dinamización dúas contornas rurais do Concello de Vilalba" pretenden mellorar as relacións sociais das persoas maiores na súa contorna próxima e comunitaria como base da promoción da participación social e para a capacidade de confrontar a soidade e a mellora das relacións interxeracionais, tanto dentro coma fose da familia
[O RURAL MÁIS VIVO]

En rede

Foto
Comarca de Os Ancares

"En rede. Movendo ideas para facer". Cruz Vermella Lugo promove un proceso participativo no ámbito territorial dos Ancares, a través de encontros entre axentes comunitarios do territorio, contribuíndo así a reforzar dinámicas de traballo en rede, e tamén desde o contacto con Institucións (Deputación, GDR, Universidade e Reserva de Biosfera), concellos, asociacións,& nbsp;e persoas residentes na comarca  [EN REDE]


Modelos de xestión responsable. Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes


Unha das liñas de traballo e de actuación de Cruz Vermella Española de Lugo é, traballar polo dereito e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, para a inserción no ámbito laboral.

Seguindo esta liña, Cruz Vermella Española Lugo, convidou a empresas de diferentes sectores de actividade a participar nunha mesa de diálogo baixo o lema Modelos de xestión responsable: Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

MESA DE DIÁLOGO