Saúde e benestar. Campo Castelo, 37. Lugo


Cada vez preocupámonos máis pola nosa saúde e benestar, das nosas persoas máis próximas e da comunidade. Partindo da innovación social, poñeremos en marcha actividades e iniciativas que fomenten un maior autocuidado e unha mellora da calidade de vida, promovendo condutas e hábitos de vida saudables, tanto a nivel físico como emocional.


Castelo 37, Consellos para unha alimentación saudable


Consellos para unha alimentación saudable

O venres 5 de xullo terá lugar en Castelo 37 un evento cuxa finalidade é a promoción da saúde e sensibilizar sobre a importancia da alimentación para un estilo de vida saudable.

Consistirá en dous partes que se realizarán simultaneamente:

- Micro-charlas de Hábitos saudables de nutrición.

Horario: 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

- Showcooking (demostración culinaria) onde se realizarán receitas familiares e sinxelas de alimentos saudables.

Horario: 11:30 a 14:00

Este evento está patrocinado por Sorteo de Ouro de Cruz Vermella  Sorteo de Ouro Descargar PDF


Alimentación sa

Foto
Alimentación sa

SABES QUE COMER PARA MANTERTE SAN? Unha alimentación equilibrada achega os nutrientes necesarios para a actividade diaria e para conservar un bo estado de saúde. Estas son las [ RACIÓNS SAUDABLES ]

Actividade física

Foto
Actividade física

SABES COMO MANTER SAN O TEU CORAZÓN? Á parte dos aspectos non modificables, como a idade, existen outros riscos para a saúde do corazón cuxos efectos negativos podemos evitar.  [ 4 PUNTOS ]

Cuídate +

Foto
Cóidate +

SABES COMO GOZAR DUNHA VIDA MÁIS SAUDABLE? Un servizo de autocuidado permite realizar un seguimento proactivo da túa saúde encamiñado a previr enfermidades. [ CÓiDATE + ]

O NOSO PLAN DE PROMOCIÓN DA SAÚDE 


Promoción da saúde con mazás saudables


Mazás saludables

Cruz Vermella Española Lugo en colaboración co Restaurante Cafetería Apetéceme, realizou unha pequena acción de saúde, no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) de Lugo.

Persoas voluntarias de Cruz Vermella Lugo prepararon un total 1.000 mazás que foron entregadas gratuitamente en cada menú polo persoal do Restaurante APeTéCeMe.

Todas as mazás tiñan envoltorios repletos de consellos saudables, que trataban de concienciar sobre hábitos de vida saudables relacionados co deporte, a alimentación e o coidado persoal para mellorar e manter a saúde

Leer máis ]



Sabes como funciona a nosa teleasistencia avanzada?


Sistema de teleasistencia avanzada

Cruz Vermella, ideou, partindo dun proxecto de innovación social, un novo sistema de teleasistencia avanzada. Progresamos, e imos un paso máis aló no modelo tradicional de teleasistencia. Agora xa non está, unicamente, en mans da persoa usuaria dar aviso, senón que o propio sistema pode detectar condutas de risco, a través do estudo do comportamento das persoas. Trátase de fomentar o autocuidado e a autonomía das persoas usuarias destes servizos, que poden permanecer no seu fogar con moita máis tranquilidade. 

E, como facemos isto? Pois, moi sinxelo, a través de sensores de detección de presenza nas diversas estancias do fogar, sensores de apertura de portas, detectores de humidade, fume, gas e monóxido de carbono, por exemplo. Tamén contamos con básculas intelixentes, tensiómetros e termómetros, por poñer algúns exemplos.

Toda a información está sincronizada cunha central que a rexistra e a descarga nunha aplicación onde se pode consultar en todo momento, e así poder previr condutas de risco e fomentar un maior autocuidado, sabendo onde temos que poñer os nosos esforzos. Ademais, o sistema, en caso de detectar algunha situación de emerxencia, dá aviso ao centro de atención para comprobar a situación e mobilizar, de ser necesario, á contorna máis próxima e aos servizos de emerxencia.& nbsp; Con este servizo as persoas usuarias gañan en tranquilidade e seguridade no fogar, mellorando a súa calidade de vida, grazas a un programa que fomenta o autocuidado dunha forma consciente e proactiva. Seguimos apostando por achegar tranquilidade ás persoas coas que traballamos, por transformar o mundo nun lugar mellor, para estar cada vez máis preto das persoas. Se todo isto paréceche interesante, non dubides en chamarnos e pedirnos máis información!

QUE É A TELEASISTENCIA AVANZADA ] [ COMO FUNCIONA A TELEASISTENCIA AVANZADA ]