Cóidate +

Servizo de autocoidado. Teleasistencia. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Cóidate + ofrece contacto permanente a calquera hora todos os días do ano, atención inmediata ante calquera emerxencia, seguimento continuado para coñecer o estado, seguimento personalizado adaptado ás necesidades...

Teleasistencia. Cuídate +. Servicio de autocuídado


Cóidate + É un servizo que fomenta o autocuidado grazas ao seguimento proactivo da saúde para previr enfermidades, vixiar pequenas doenzas cotiás ou controlar enfermidades crónicas. Inclúe ademais un sistema que analiza o modelo de vida da persoa usuaria no seu domicilio, en función dos seus hábitos; detectando, de forma proactiva, situacións de perigo que poidan producirse no domicilio, nese caso, o sistema, sen necesidade de pulsación, avisa ao Centro de Atención para que verifique o ocorrido e mobilice, en caso necesario, aos servizos de emerxencia e familiares ou persoas da contorna.

Para persoas que viven soas ou acompañadas, persoas maiores, enfermos crónicos (diabetes, problemas cardiovasculares, EPOC...), embarazos de risco, persoas convalecentes tras postoperatorio, persoas con diversidade funcional auditiva, visual e física, maiores, coidadoras/es

O sistema permite que a persoa usuaria poida facer un seguimento dos seus constantes (tensión, peso) de forma sinxela., trasladando a información de forma automática ao sistema e monitora as rutinas diarias (tempo en habitación, en baño, fóra de casa). En caso de detectar algo irregular, xa sexa nas constantes ou nas rutinas diarias, sen necesidade de pulsación, o sistema de forma automática avisa ao Centro de Atención para que verifique que ocorre.

Tamén inclúe atención as 24 horas, os 365 días, con só pulsar un botón. Un equipo de profesionais accede aos datos de saúde e persoais xestionando os recursos necesarios (familiares ou persoas de contacto, así como aos servizos médicos, ambulancias, bombeiros, policía) en caso de emerxencia.

Cóidate + Saúde: É un servizo de autocuidado que permite realizar un seguimento proactivo da túa saúde encamiñado a previr enfermidades, manexar pequenas doenzas cotiás ou controlar condicións crónicas.

Cóidate + Seguridade: É un servizo que analiza o patrón de vida da persoa usuaria no seu domicilio, en función dos seus hábitos de comportamento; detectando, de forma proactiva, posibles situacións de risco que poidan producirse no domicilio, nese caso, o sistema, sen necesidade de pulsación, avisa ao Centro de Atención para que verifique o ocorrido e mobilice, en caso necesario, aos servizos de emerxencia e familiares ou persoas da contorna.

Cóidate + Integral: É un servizo integral que aglutina tanto o autocuidado como a seguridade no domicilio. Hai millóns de variables que nos poden poñer en risco en calquera escenario, mesmo dentro do noso fogar, que polo xeral é o espazo que consideramos máis seguro. Se asumimos e comprendemos que hai un traballo persoal que debemos realizar para alcanzar ou preservar o noso benestar, darémonos conta de que coidarnos a nós mesmos debe ser un acto básico, algo que debemos incorporar e poñer en práctica cada día.