Educación ambiental e sustentabilidade
Cruz Vermella Xuventude
Xuventude. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Pretendemos transmitir coñecementos, concienciar e sensibilizar ao redor da problemática ambiental, potenciando nas persoas a adquisición de valores e actitudes positivas e respectuosas co medioambiente, que lles movan a participar de forma activa na súa protección e mellora.
Proxectos de Educación ambiental e sustentabilidade
Obxectivo: colaborar coa administración pública na posta en marcha de accións coordinadas e integradas, dirixidas ao fomento e consolidación dun modelo de desenvolvemento sustentable.
Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as.
Contidos: desenvolvemento sustentable, recursos naturais, racionalidade e coherencia na utilización de recursos.
Obxectivo: sensibilizar ao voluntariado e persoal laboral de Cruz Vermella sobre o impacto ambiental das accións cotiás, tentando fomentar unha modificación de condutas, dentro da contorna laboral en beneficio do medio ambiente.
Destinatarios/as: membros de Cruz Vermella (voluntarios/as, usuarios/ as e traballadores/as).
Contidos: desenvolvemento sustentable, cambio climático, consumo responsable, 3-R, recursos naturais, racionalidade e coherencia na utilización de recursos.
Obxectivo: sensibilizar á poboación en xeral sobre a situación ambiental, á vez que fomentar a utilización responsable de espazos e recursos naturais.
Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as en particular e poboación en xeral.
Contidos: desenvolvemento sustentable, cambio climático, consumo responsable, 3-R, recursos naturais, racionalidade e coherencia na utilización de recursos....
Obxectivo: sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de interiorizar e poñer en marcha hábitos de consumo responsable, especialmente no fogar e na contorna máis próxima, en beneficio dun desenvolvemento sustentable e a protección do medio ambiente.
Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as en particular e poboación en xeral.
Contidos: reciclaxe, reutilización, consumo responsable, enerxía, auga, residuos.