Plan Emprego Cruz Vermella Española. Reto social empresarial


Alianzas con Empresas - Reto Social Empresarial Cruz Vermella Lugo

Emprego. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Traballamos polo dereito e a igualdade de oportunidades para a inserción en ámbito laboral.

Buscamos alianzas e compromisos que constrúan mercados laborais abertos nos que a orixe, a idade o sexo non supoñan unha barreira.

O papel das empresas na inserción laboral das persoas con máis dificultades de acceso ao emprego é imprescindible.


O Reto Social Empresarial é unha alianza entre empresas e o Plan de Emprego de Cruz Vermella para contribuír ao acceso ao emprego de quen o ten máis difícil, tales como as  persoas desempregadas de longa duración, mulleres e mozas en dificultade, vítimas de violencia de xénero,  familias con todos os seus membros en paro, maiores de 45 anos, persoas migrantes.

  • Coñecer a persoas motivadas con competencias moi adaptadas ás necesidades concretas da túa empresa.
  • Acurtar os seus tempos de recrutamento de persoal.
  • Romper etiquetas e estereotipos mirando o talento das persoas indistintamente da súa idade, sexo ou orixe.
  • Achegarse ao mercado laboral.
  • Recualificarse noutra profesión.
  • Aprender unha profesión dentro dunha empresa.
  • Recuperar a motivación na procura de traballo.
  • Coñecerse mellor e coñecer a outras persoas en situación parecida.
  • Crear unha rede de contactos.
  • Recuperar a ilusión no futuro.

En máis de 15 anos fomos acumulando experiencias e mellorando grazas á axuda de todos e todas. Estas son algunhas das cousas que máis valoran as empresas que colaboraron no noso proxectos:

  • O noso coñecemento exhaustivo das persoas coas que traballamos.
  • O seguimento da traxectoria de cada persoa.
  • A xestión que os nosos equipos fan das súas ofertas de emprego.
  • A dedicación dos nosos equipos e a nosa experiencia acumulada en inserción laboral.

Queremos que as empresas se somen ao noso reto. Se te sumas ao noso reto vivirás unha experiencia profesional moi enriquecedora en todos os aspectos, con beneficios para as persoas desempregadas e para a túa empresa.

Cruz Vermella promove parte destas iniciativas en colaboración co Fondo Social Europeo e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través da súa participación nos Programas Operativos de Inclusión Social e Economía Social ( POISES) e de Emprego Xuvenil ( POEJ) para o período 2016-2019..


Plan Emprego Cruz Vermella Española



Faite socio/a de Cruz Vermella

Hazte socio de Cruz Roja


Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella

Descarga + Información



Aplicación app empresas