Visita a Empresas Ulloa. Palas de Rei. Lugo


Os Ancares. En rede
Cruz Vermella Española Lugo


2018. "En rede. Movendo ideas para facer". Cruz Vermella Lugo promove un proceso participativo no ámbito territorial dos Ancares, a través de encontros entre axentes comunitarios do territorio, contribuíndo así a reforzar dinámicas de traballo en rede, e tamén desde o contacto con Institucións (Deputación, GDR, Universidade e Reserva de Biosfera), concellos, asociacións, e persoas residentes na comarca.

O proceso participativo pretende contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación deste territorio. Unha realidade marcada por factores que limitan a calidade de vida da súa poboación; asociados a unha orografía de montaña, a unha poboación envellecida e fortemente dispersa, e á carencia de servizos e infraestruturas demandandos como básicos para o desenvolvemento. Con esta perspectiva, e partindo da visión e misión de Cruz Vermella, tomouse a decisión de orientar o proceso cara ao plano das necesidades sociais do territorio dos Ancares.

O proceso centrouse inicialmente nos concellos que conforman a Comarca dos Ancares: Becerreá, Baralla, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Navia de Suarna.

En concreto as iniciativas son:

  • Proxecto de mobilidade e acompañamento a persoas maiores con dificultades para a mobilidade no territorio
  • Proxecto de axenda cultural Web compartida entre as entidades e asociacións.
  • Proxecto de formación-inserción laboral