Rehabilitación con realidade virtual. Castro Riberas de Lea. Cruz Vermella Lugo
Rehabilitación con realidade virtual. Castro Riberas de Lea. Cruz Vermella Lugo
Rehabilitación con realidade virtual. Castro Riberas de Lea. Cruz Vermella Lugo
Rehabilitación con realidade virtual. Castro Riberas de Lea. Cruz Vermella Lugo
Rehabilitación con realidade virtual. Castro Riberas de Lea. Cruz Vermella Lugo

Rehabilitación con realidade virtual
Cruz Vermella Española Lugo

Fogar escola, Castro Riberas de Lea, Lugo. 982 31 10 30


No Centro de dano cerebral de Cruz Vermella Española Lugo usamos a rehabilitación con realidade virtual como ferramenta innovadora en fisioterapia coa finalidade de axudar a incrementar os resultados da terapia tradicional. Este sistema é sinxelo e intuitivo para o paciente, ao verse realizando movementos e accións nunha contorna simulada e chegar a ter a sensación de atopase dentro del. Ademais fomenta a súa participación activa e superación.

VirtualRehab é un sistema de rehabilitación virtual dirixido, entre outras, a persoas con dano cerebral adquirido baseado en actividades e tarefas específicas similares ás dos xogos interactivos. Está desenvolto por expertos neurólogos, terapeutas,& nbsp;investigadores especializados.

Virtualrehab Body é un conxunto de módulos de terapia para a rehabilitación dos brazos e as pernas. Cada módulo presenta contido que pode ser facilmente personalizado para o nivel de discapacidade do paciente. Utiliza unha cámara de movemento para detectar os movementos do usuario e reproducilos na contorna.

VirtualRehab Hands permite a práctica das habilidades motoras das mans co fin de& nbsp;adestrar a destreza, o rango de movemento e a forza muscular e lograr unha rehabilitación motora. Inclúe actividades para a flexión, extensión e abdución de dedos e a desviación cubital e radial da boneca.

Ademais dispoñemos dun simulador de realidade virtual cun programa desenvolto especificamente para Cruz Vermella Española Lugo especializado na rehabilitación da hemianopsia homónima (dano cerebral adquirido que afecta o campo visual dos ollos). Este sistema utiliza o dispositivo Oculus Rift CV1, un joystick e un volante, permitindo realizar terapias a medida e un seguimento individualizado para cada paciente.

Simulador de realidade virtual para a rehabilitación da hemianopsia

 

Cruz Vermella Lugo - Centro de dano cerebral

Centro de daño cerebral. Cruz Vermella Española - Lugo

Teleasistencia domiciliaria Cruz Roja. Cómo funciona. Terminal. Colgante. Pulsera


Faite socio/a de Cruz Vermella

Hazte socio de Cruz Roja


Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella