Teleasistencia a domicilio en cualquier localidad de la provincia de Lugo


Teleasistencia Cruz Vermella Lugo

Avenida de Madrid, Lugo. 982 23 16 13


Un máis na familia

O Servizo de Teleasitencia Domiciliaria de Cruz Vermella da unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, 24 horas ao día e 365 dìas ao ano.

Este servizo conecta aos usuarios coa central de alarmas de Cruz Vermella de maneira ininterrompida

A súa finalidade é promover a autonomía e independencia das persoas maiores e outros colectivos en situacións de dependencia.


Que ofrece?

  • Atención inmediata ante urxencias domésticas e sanitarias
  • Seguimento individualizado e visitas de voluntarios de Cruz Vermella
  • Axendas para lembrar datos importantes e aviso familiares
  • Actividades complementarias

Que ventaxas ten?

  • Mellora a calidade de vida
  • Posibilita a estancia en domicilio daquelas persoas que precisan atención permanente
  • Evita o illamento e desarraigamento social
  • Proporciona seguridade e tranquilidade aos usuarios e as súas familias

A quen protexe?

  • Persoas en situación de soidade
  • Persoas maiores
  • Persoas con enfermidades crónicas
  • Persoas dependentes
  • Persoas con discapacidade

Como funciona?

Atención inmediata con só premer un botón

 
  1. Levar sempre o colgador ou pulseira encima
  2. Pulsar o botón ante unha necesidade ou emerxencia
  3. Inmediatamente atenderalle un profesional e mobilizaranse todos os recursos necesarios

A súa seguridade é a túa tranquilidade

Teléfono gratuito de información: 900 814 222

Teleasistencia en calquera enderezo da provincia de Lugo

Onde haxa liña telefónica é posible instalar a teleasistencia. Consúltanos


Teleasistencia domiciliaria

 

Cruz Vermella Lugo - Faite Voluntario

Faite Voluntari@


Faite socio/a de Cruz Vermella

Hazte socio de Cruz Roja


Teleasistencia domiciliaria Cruz Roja. Cómo funciona. Terminal. Colgante. Pulsera


Sensores e detectores. Monitorización do Fogar. Teleasistencia Avanzada. Teleasistencia de segunda xeración


Teleasistencia

Testemuñas usuarias

Oliva Díaz Fernández

Oliva Díaz Fernández

 

"Grazas á Teleasistencia estou sempre acompañada, é coma se non estubiera sóla na casa. Sinto protexida"

 

María Río Galán

 

"Desde que teño Teleasistencia estou contenta porque sinto segura e tranquila tanto en casa como na rúa coa Teleasistencia Móbil. Nunha ocasión pulsei por unha emerxencia e en 1 minuto estaba atendida. Sempre atenden con gran agarimo"

 

Chus Navarro

 

"O que nos achega ante todo é TRANQUILIDADE, sénteste acompañada na tarefa de coidadora dunha persoa con dependencia. Saber que de forma inmediata vas ter unha resposta dunha persoa experta dáche seguridade, tanto para nós, familiares de referencia, como para o meu marido saber da dispoñibilidade de alertar no caso de que sexa necesario" (Familiar de usuario con Teleasistencia domiciliaria Lugo)"