Teleasistencia móbil Cruz Vermella Lugo
Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
A teleasistencia móbil fomenta a autonomía achegando tranquilidade y seguridade tanto á persoa que o utiliza como aos seus familiares e persoas próximas.
Como funciona a teleasistencia móbil?
Nunha situación de emerxencia sanitaria ou social a persoa pode pedir axuda con só pulsar un botón, durante 24 horas ao día e en calquera lugar, e un equipo de profesionais accede aos teus datos de saúde e persoais xestionando os recursos necesarios (familiares ou persoas de contacto, así como aos servizos médicos, ambulancias, bombeiros, policía...).
O teléfono dispón dunha aplicación de teleasistencia móbil que cumpre cos criterios de Accesibilidade Universal.
Características: Notificacións: acústicas, luminosas, gráficas e vibración (personalizables). Activación da alarma mediante un botón físico (botón lateral de fácil acceso). Botóns adecuados en tamaño, contraste e combinación de cores. Deseño de menús adaptado, simplificado e personalizable. Módulo comunicación persoas xordas.
Como se activa a alarma?
En caso de necesidade o usuario pulsará o botón central que aparece na pantalla do móbil xerándose unha chamada gratuíta a Cruz Vermella que por GPS verá a localización exacta do usuario e a súa ficha de datos persoais e de inmediato procede á atención de usuario despregando os medios necesarios á súa necesidade.
Teléfono gratuíto de información: 900 10 03 33