Visita a Empresas Ulloa. Palas de Rei. Lugo


Visitas a empresas. Comarca de Ulloa
Cruz Vermella Española Lugo


2018. Como exemplo de boas prácticas en relacións sociais empresariais, cooperación e empoderamiento feminino varias participantes en programas de inserción de Cruz Vermella Española Lugo realizaron visitas didácticas na contorna rural da comarca de Ulloa . Visitáronse as empresas Milhulloa (cooperativa dedicada á agricultura ecolóxica), A Cernada (explotación gandeira de leite) e Aqueixal (empresa de elaboración de queixos e iogures ecolóxicos).

  • Milhulloa: proxecto de autoemprego liderado por tres mulleres que se materializou en forma de cooperativa. Mulleres dedicadas á agricultura ecolóxica de plantas aromáticas e medicinais e hortalizas, realizando todo o proceso, desde o cultivo ata a transformación. Coñecidas pola innovación deshidratación de produtos (concretamente o grelo deshidratado).
  • A Cernada: pequena explotación gandeira vacina de leite dedicado á elaboración de produtos lácteos ecolóxicos (leite e iogures). Liderada por Ana, bióloga e gandeira que aos seus 25 anos tivo que asumir a responsabilidade de reactivar a pequena granxa de gando vacún de leite, sustento da familia.
  • Arqueixal: Experencia empresarial que serve para demostrar que non só as mulleres poden falar de mulleres e do empoderamiento feminino. Exemplo da importancia do papel da muller concretamente da nai de Luís, grazas á cal, Luís, recupera e pon en marcha un negocio baseado na tradición familiar de elaboración de queixos e iogures ecolóxicos ademais da recuperación dunha aldea rural rehabilitada con criterios de bioconstrucción.