Restablecemento do contacto entre familiares. Procuras Cruz Vermella
Intervención social. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613
Tratamos de axudar ás familias cando se perdeu o contacto con algún dos seus membros, por mor dun conflito armado ou outra situación de violencia; unha catástrofe natural ou nunha situación con repercusións humanitarias.
Os conflitos e os desastres adoitan dar lugar á separación de familias, que quedan sumidas nun estado de incerteza e angustia por ignorar o destino dos seus seres queridos. Cruz Vermella Española, xunto co CICR e as Sociedades Nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella doutros países, axuda ás persoas en España a buscar a un familiar noutro país.
Esta actividade inclúe a procura de familiares, dar co paradoiro das persoas desaparecidas, restablecemento do contacto, a reunión de familiares dispersos e o feito de tratar de esclarecer a sorte que correron as persoas que seguen sendo dadas por desaparecidas.
Maior información en: CICR (Comité Internacional da Cruz Vermella) | IFRC (Federación Internacional de Sociedades de la Cruz Roja y de la Media Luna Roja)| Family Links