Recoñecemento a empresas colaboradoras Cruz Vermella Española en Lugo

Acto de recoñecemento ás empresas colaboradoras con Cruz Vermella en Lugo


En 2017 logrouse a colaboración de 1001 empresas e alcanzáronse 179 insercións laborais


A cerimonia tivo lugar o día 28 de dicembro desde as 7 da tarde no Auditorio Afundación na Oficina principal de ABanca en Lugo. As empresas que colaboraron máis activamente recibiron un diploma acreditativo.


O acto contou coa participación de Luis Abelleira, Presidente de Cruz Vermella Española en Lugo, quen agradeceu a implicación do tecido empresarial Lucense na construción dunha sociedade máis xusta,  tanto en materia de emprego como no desenvolvemento de proxectos sociais, e ademais coas persoas responsables das principais Empresas colaboradoras e con persoas participantes no Plan de Emprego de Cruz Vermella Española Lugo.

Os diplomas foron entregados as empresas Cafés Candelas, Insuiña, NovaFrigsa, Torre de Nuñez, Vegalsa, Magnesitas de Rubián, Asogal, Caixa Rural, Fundación CEL, Distribuciones Dosgar e Aluma Peluqueros.

O Reto social empresarial é unha alianza polo emprego e a inserción social, entre Cruz Vermella e as empresas, que acollen en prácticas, imparten formación ou contactan cando necesitan contratar algún novo empregado; desta maneira, as empresas conseguen traballadores cualificados que demostraron as súas capacidades, ao mesmo tempo que contratan ás persoas que máis o necesitan.

O Plan de Emprego de Cruz Vermella Española en Lugoconta co apoio do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social ( POISES) e de Emprego Xuvenil ( POEJ) para o período 2016-2019.

 

Resumo visual Acto recoñecemento empresas


Entrega de Diplomas a Empresas


Entrevista a Luis Abelleira Presidente Provincial de Cruz Vermella Lugo


Entrevista a José Manuel López Director de Caixa Rural Lugo


Entrevista a Ramón Alonso Xerente Cafés Candelas Lugo


Microteatro Captación de socios


Microteatro Emprego