Cruz Roja Española. Lugo. Abuelos educadores


Avós e avoas educadores
Cruz Vermella Lugo

Infancia vulnerable. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Proxecto dirixido a avós e avoas para apoiarlles na súa tarefa educativa e coidadora, reforzando as habilidades necesarias para mellorar a súa calidade de vida. Ademais ofrécese un soporte de respiro na súa función coidadora, á vez que se fomentan os autocuidados necesarios para a súa etapa vital.


O programa de Avós e Avoas Educadores é unha iniciativa dirixida a maiores de 60 anos que teñen ao seu cargo a educación dos seus netos, durante toda a xornada ou unha parte significativa da mesma.

Trátase de fomentar o benestar dos nenos apoiando aos avós e avoas na súa función educativa e, por outra banda, de recoñecer o papel dos maiores na conciliación da vida familiar e laboral poñendo en valor todo o que fan ben e merece a pena ser compartido.


Cruz Roja Española en Lugo. Infancia vulnerable. Abuelos y abuelas educadoresAbuelos y abuelas educadores. Lugo


Escolas de avós e avoas educadores:

A programación tipo de cada escola consta de dez sesións de periodicidade semanal. Nesta fase reflexiónase sobre o papel dos avós na educación dos netos e trátanse temas como: técnicas de autocuidado e vida saludable, análise dos distintos modelos educativos, técnicas de resolución de conflitos , habilidades de comunicación, novas tecnoloxías , acoso escolar...

Grupos de axuda mutua:

Nesta fase as avoas e avós escollen aqueles temas sobre os que queren profundar máis ou ben outros novos que lles parecen interesantes e queren abordar.

Atención individualizada:

De maneira paralela ás dúas fases anteriores, os técnicos responsables do programa realizarán entrevistas personalizadas para ofrecer un apoio adaptado ás necesidades concretas de cada familia.

Actividades interxeracionais e servizo de respiro:

Ao mesmo tempo que se desenvolven os grupos educativos con persoas maiores, ofrécese un servizo de respiro para que os maiores poidan participar nas sesións grupais mentres que os máis pequenos realizan actividades lúdico-educativas.

 

Queres facerte voluntario/a?

Faite voluntario de Cruz Vermella


Avós e avoas educadores


Descarga + información

Descarga