Colaboración
Colaboración cos Reis Magos en 2018. Cruz Vermella Lugo

Abanca, AFundación e a Federación de Comercio doan máis de 500 xoguetes novos a Cruz Vermella
Cruz Vermella Española Lugo

28 de decembro 2018. Avd. Madrid s/n, Lugo


O acto tivo lugar nas instalacións de Cruz Vermella Española en Lugo, procedeuse á entrega por parte de ABANCA, Afundación e a Federación Galega de Comercio dun lote composto por máis de 500 xoguetes novos, non bélicos, non sexistas e educativos que chegarán aproximadamente a uns 200 nenos de Lugo. Esta acción supuxo que aproximadamente 200 nenos e nenas tivesen un xoguete novo para os Reis Magos.


Cruz Vermella Mocidade. Os seus dereitos en xogo

Dereito a xoguetes non sexistas, non bélicos e cooperativos

Dende Cruz Vermella Mocidade eentendemos o xogo como unha vía de difusión de calquera proposta educativa e pedagóxica. Investimos todos os nosos esforzos para que a época máis significativa do xoguete, ningún neno ou nena quede sen recibir un xogo ou xoguete pertinente.

En Cruz Vermella Mocidade cada ano lanzamos a campaña de xoguetes, non sexistas, non bélicos e cooperativos para que, na época máis importante do seu desenvolvemento, ningún neno ou nena quede sen xoguete

O artigo 31 da Convención dos Dereitos do Neno reflicte que o neno ten dereito esparexemento, ao xogo e a participar nas actividades artísticas e culturais. Por isto elixiuse o lema "Os seus dereitos en xogo", facendo uso dun xogo de palabras que nos permite chamar a atención sobre a vulneración dun dos dereitos básicos da infancia.

A campaña divídese en catro fases:

A campaña iníciase cando identificamos ás familias coas que traballamos desde Cruz Vermella ou nos derivan as Administracións Públicas e que, dada a súa situación de vulnerabilidade, requiren desta axuda.

A recollida de xoguetes realízase a través de diferentes puntos propios de Cruz Vermella, ou de organizacións ou empresas colaboradoras. Podes consultar o teu punto de recollida máis próximo aquí.

Unha vez recollidos os xoguetes, o voluntariado de Cruz Vermella clasifica os xoguetes por idade e tipoloxía.

Finalmente estes xoguetes son entregados ás familias.


Cruz Vermella Lugo - Centro de dano cerebral

Centro de daño cerebral. Cruz Vermella Española - Lugo

Elixir xoguete


Os seus dereitos en xogo


Descarga + información