Promoción da Saúde. Novo Plan de Saúde. Cruz Vermella Española. Lugo

Promoción da saúde
Cruz Vermella Española Lugo

Saúde. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Co noso novo Plan de Saúde actuamos na sensibilización e prevención, dando ademais atención a persoas con estilo de vida non saudable e a persoas con inadecuada xestión da súa enfermidade


Temos como obxectivo apoiar ás persoas que se achegan a Cruz Vermella, ou a quen xa atendemos por diversas razóns e circunstancias persoais, para mellorar a súa saúde e xa que logo o seu estado físico, psíquico e social.

Preténdese tamén actuar sobre as persoas que xa teñen algún problema para facer unha xestión adecuada da súa saúde, dándolles unha atención máis próxima, desenvolvendo plans individualizados e levando un seguimiento de cada caso.

Novo Plan de Saúde. Tensiometro animado. Cruz Vermella Española. Lugo

Para seguir os tratamentos ou mellorar hábitos é necesario contar con información, recursos e motivación. Todo iso pode supoñer un cambio substancial na calidade de vida.

Máis aló da prevención abordamos a xestión da saúde de cada persoa complementando aos Servizos Públicos de Saúde.

O novo Marco de Atención ás Persoas (MAP), que mellora a nosa resposta, axudaranos a apoiar a persoas cun estilo de vida non saudable e atender a aquelas persoas con dificultades para seguir os seus tratamentos.


Novo Plan de Saúde Cruz Vermella Española