Grazas á vosa achega solidaria habemos podido colaborar cos Reis Magos e moitos xoguetes foron entregados ás nenas e os nenos de Lugo


Queremos agradecer a:

Os perruqueiros e perruqueiras de Aluma Perruqueiros de Lugo, que durante 12 horas cortaron o pelo a 300 persoas na Ferraxería Eventos & Co, o que supuxo un total de 1.500 euros que Cruz Vermella Lugo destinou á Campaña de Xoguetes

A cafetería APeTéCeMe de Lugo pola súa colaboración coa recollida de xoguetes no Hospital Universitario Lucus Augusti

Os miembros de Culturalia GZ de Vilalba que organizaron o IV Recital Poético Solidario Internacional cuxa recadación se destinou integramente á campaña de xoguetes de Cruz Vermella Vilalba.

As persoas da residencia DomusVI de Viveiro que realizaron o mercadillo solidario con produtos de nadal, elaborados por eles mesmos, recadando 702,50 euros para a campaña de xoguetes de Cruz Vermella Burela

A todas as empresas que colaboraron connosco este ano para facer posible esta campaña.

A todas as persoas que acudiron a La Ferretería Eventos & Co para facer o seu corte de pelo solidario, a todas as persoas anónimas y a todas as voluntarias e voluntarios que colaboraron connosco nesta campaña.

¡MOITAS GRAZAS!


Sus derechos en juego

Os seus dereitos en xogo Cruz Vermella Lugo

Xuventude. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Un ano máis, Cruz Roja Xuventude lanza a súa campaña de xoguetes, non sexistas, non bélicos e cooperativos para que, na época máis importante do seu desenvolvemento, ningún neno ou nena quede sen xoguete.

Desde Cruz Roja Juventud entendemos el juego como una vía de difusión de cualquier propuesta educativa y pedagógica. Invertimos todos nuestros esfuerzos para que la época más significativa del juguete, ningún niño o niña se quede sin recibir un juego o juguete pertinente.

Os seus dereitos en xogo

O artigo 31 da Convención dos Dereitos do Neno reflicte que o neno ten dereito esparexemento, ao xogo e a participar nas actividades artísticas e culturais. Por isto elixiuse o lema "Os seus dereitos en xogo", facendo uso dun xogo de palabras que nos permite chamar a atención sobre a vulneración dun dos dereitos básicos da infancia..

A campaña divídese en diferentes fases:

  1. A campaña iníciase cando identificamos as familias coas que traballamos desde Cruz Vermella ou nos derivan as Administracións Públicas e que, dada a súa situación de vulnerabilidade, requiren desta axuda.
  2. A recollida de xoguetes realízase a través de diferentes puntos propios de Cruz Vermella, ou de organizacións ou empresas colaboradoras. Podes consultar o teu punto de recollida máis próximo aquí.
  3. Unha vez recollidos os xoguetes, o voluntariado de Cruz Vermella clasifica os xoguetes por idade e tipoloxía.
  4. Finalmente estes xoguetes son entregados ás familias.

Faite socio/a de Cruz Vermella

Hazte socio de Cruz Roja

Elixir xoguete


Os seus dereitos en xogo


Descarga + información