Cruz Roja Juventud


Prevención VIH
Cruz Vermella Xuventude

Xuventude. Av. de Madrid, Lugo. 982 231 613


Realizamos unha intervención constante para sensibilizar e previr novas infeccións de VIH, atender e dar tratamento e apoio a persoas xa infectadas e para reducir o estigma e a discriminación.


Información e prevención sobre VIH e SIDA

O obxectivo é impedir que o virus entre no organismo, evitando o contacto entre un fluído que teña capacidade infecciosa.

Infórmate sobre VIH y SIDA

O VIH Virus de Inmunodeficiencia Humanaé un virus que elimina determinadas células do sistema inmunológico, que é o que nos protexe contra infeccións e enfermidades.

O sida Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida é o conxunto de síntomas provocados por infeccións/enfermidades que o organismo sofre, como consecuencia da deterioración progresiva do sistema inmunológico, tras a infección polo VIH.

Pre20 - ITS, VIH e SIDA

Hazte prueba VIH

O VIH transmítese a través dos seguintes fluídos corporais: sangue, seme, secreciones vaginales e leite materno.

O VIH non se transmite por bicarse ou acariñarse , nin na convivencia diaria no domicilio, traballo, WC, oficinas, restaurantes ou escolas, e tampouco por compartir os cubertos, vasos ou as instalacións deportivas ou de lecer, nin a través de animais.

O período de tempo entre a transmisión do VIH e o desenvolvemento da sida é moi variable. Por iso dicimos que todas as persoas que viven con sida teñen VIH, pero non todas as persoas que teñen VIH viven con sida.

Grazas aos avances nos tratamentos xa é posible vivir con VIH sen que se chegue á fase de enfermidade (sida), sen ser por tanto este virus causante dunha enfermidade mortal.

MULTICANLE INFO VIH

Hazte prueba VIH

Usando preservativo (masculino ou feminino) nas relacións sexuais con penetración ou sexo oral. Ademais protexe doutras infeccións de transmisión sexual e dos embarazos non planificados.

Utilizando sempre material estéril e evitando o uso compartido de xiringas, agullas e outros útiles de inxección se se consomen drogas inxectadas.

Se estás embarazada e tes VIH , hay tratamentos que reducen eficazmente o riesdo da transmisión do virus durante o embarazo e o parto. Unha muller con VIH non debe dar o peito.

As probas de diagnóstico do VIH empregadas son test que detectan e miden, habitualmente mediante unha análise específica de sangue, a presenza dos anticorpos que xera o noso organismo para facer fronte ao VIH.

Actualmente existen varios tipos de probas de VIH, as probas rápidas, realizadas a partir dunha mostra de tecido xenxival (mucosa interior da boca) ou de sangue e cuxo resultado se obtén de forma inmediata (totalmente fiable) e a proba convencional mediante unha análise de sangue.

MULTICANLE INFO VIH


Co VIH, pon os pés no chan

Cruz Roja Juventud. Sección juvenil de Cruz Roja Española

 

Cruz Vermella Lugo - Faite Voluntario

Faite Voluntari@


Descarga + información

Cruz Roja Juventud. Descarga. Abre la caja

Cruz Roja Juventud. Descarga VIH

Cruz Roja Juventud. Descarga VIH