Curso de Comunicación en língua galega N2
Monforte de Lemos - Vilalba

Sin requisitos académicos de acceso. Necesario para acceder a los certificados de profesionalidad nivel 2

Información en Teléfono: 607346269

Inicio: En Monforte, 26 de febrero 2020

Inicio: En Vilalba, 11 de marzo 2020


Curso de Competencia matemática N2
Monforte de Lemos - Vilalba

Sin requisitos académicos de acceso. Necesario para acceder a los certificados de profesionalidad nivel 2

Información en Teléfono: 607346269

Inicio: En Monforte, 14 enero de 2020

Inicio: En Vilalba, 21 enero de 2020


Atención sociosanitaria a personas dependientes en instituciones sociales
Monforte de Lemos - Con Certificado de Profesionalidad

Atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna

MONFORTE DE LEMOS: Asamblea Local Cruz Roja Española (C/ Chantada S/N).

Información no Teléfono: 607346269

Inicio: 10 de marzo de 2020


Balance de servizos preventivos e puntos violeta no Festival de música Caudal Fest
Setembro de 2019

O Caudal Fest nun festival de música pop, rock, indie, electrónica, e urbana, que ten lugar na localidade de Lugo, a beiras do río Miño .

Ao festival, na edición de 2019, asistiron un total de 32.758 asistentes persoas segundo datos da organización.

Servizos preventivos de Cruz Vermella


Información sobre Teleasistencia, Lugo e Provincia
Setembro 2019

Contestamos as preguntas que poidas ter

Calquera persoa pode ter a Teleasistencia no seu domicilio, Lugo e provincia, para a súa instalación técnica só necesitamos que dispoña de corrente eléctrica.

Quero ter teleasistencia. Envíanos un correo | Chámanos


Volta ao cole solidaria en Carrefour
Setembro 2019

Arrinca a XI edición desta importante iniciativa impulsada por Fundación Solidariedade Carrefour a favor da infancia en situación de vulnerabilidade atendida por Cruz Vermella Española. Os días 6 e 7 de setembro, se o desexas, poderás facer a túa doazón de material escolar en Carrefour Lugo (Estrada da Coruña, km. 501, Lugo)

Queres colaborar como voluntaria ou voluntario nesta campaña?. Solicita información de voluntariado

Intervención e inclusión social Infancia Infancia en dificultade social


Punto violeta en Monforte de Lemos
Agosto 2019

O Punto Violeta estivo situado durante os días 12 ao 16 de agosto en horario de 23:00 a 2:00 horas en cálea Cardeal, á altura do BBVA, e foi atendido por persoal especializado..

Perspectiva de xénero e coeducación


Resumo de servizos de teleasistencia
Agosto 2019

Teleasistencia en casa, teleasistencia móbil, Cóidate+, Lope, teleasistencia avanzada, dispositivos avanzados, preguntas frecuentes. Descargas en PDF. Información: Lugo. 982 23 16 13

Quero ter teleasistencia. Envíanos un correo | Chámanos


Campamentos urbanos de verán en Vilalba
Xullo - agosto 2019

Este ano, 23 nenos e nenas de 4 a 16 anos participaron nos Campamentos Urbanos de Cruz Vermella Española en Vilalba ao longo do mes de xullo e ata o 2 de agosto.

Se es unha persoa comprometida e che apetece contribuir nas nosas actividades, ven a colaborar con Cruz Vermella facendo voluntariado

Cruz Vermella Vilalba | Cruz Vermella Mocidade | Fai Voluntariado


Números premiados Sorteo de Ouro de Cruz Vermella
18 Xullo 2019
Consulta os números premiados

Balance de servizos preventivos no Resurrection Fest
Xullo 2019

O Resurrection Fest é un dos festivais de música máis populares de España, centrado no metal, hardcore, punk e rock, que ten lugar na localidade de Viveiro, na Parroquia de Celeiro, na provincia de Lugo.

Ao festival, na edición de 2019, asistiron 102.053 persoas segundo datos da organización.

Servizos preventivos de Cruz Vermella


Castelo 37, Consellos para unha alimentación saudable
Julio 2019

Castelo 37

O venres 5 de xullo tivo lugar en Castelo 37 un evento cuxa finalidade é a promoción da saúde e sensibilizar sobre a importancia da alimentación para un estilo de vida saudable. Consistiu en dous partes que se realizarán simultaneamente:

- Micro-charlas de Hábitos saudables de nutrición. Horario: 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

- Showcooking (demostración culinaria) onde se fixeron receitas familiares e sinxelas de alimentos saudables. Horario: 11:30 a 14:00

Estes eventos estiveron patrocinados por Sorteo de Ouro de Cruz Vermella

Castelo 37 | Saúde e Benestar | Plan de Saúde | Sorteo de Ouro


Curso de Manexo de maquinaria de almacén
Lugo Sen certificado de profesionalidade
Aprenderás a controlar máquinas elevadoras, sabendo todas as súas mecánicas de uso e as diferentes posicións nas que se pode manobrar

Recoñecemento aos servizos preventivos de Cruz Vermella
Junio 2019

Cruz Vermella Lugo

Recibimos o recoñecemento da área de Deportes do Concello de Lugo polos servizos preventivos de Cruz Vermella Española Lugo no Circuito de carreiras populares Corre con Nós ao longo de 2019.

Servizos preventivos de Cruz Vermella


Puntos violeta no Arde Lucus
Xuño 2019

Cruz Vermella Lugo

Durante a festa do Arde Lucus o Concello de Lugo coa colaboración de Cruz Vermella creou dous puntos de atención e prevención da violencia sexista.

Perspectiva de xénero e coeducación


Presentación do novo hospital de campaña
Maio 2019

Cruz Vermella Lugo

Cruz Vermella Lugo conta co seu primeiro hospital de campaña foi doado pola entidade financieira Caixa Rural.

Servizos preventivos de Cruz Vermella


Curso de docencia de la formación profesional para el empleo
Junio 2019

Cruz Vermella Lugo

Programar, impartir, tutorizar e avaliar accións formativas do subsistema de formación profesional para o emprego, elaborando e utilizando materiais, medios e recursos didácticos, orientando sobre os itinerarios formativos e saídas profesionais que ofrece o mercado laboral na súa especialidade, promovendo de forma permanente a calidade da formación e a actualización didáctica FINALIZADO

Cursos de Formación impartidos por Cruz Vermella


Vehículos ecolóxicos con autogás
Marzo 2019

Cruz Vermella Lugo

En Cruz Vermella Lugo estamos sensibilizados co medio ambiente e incorporamos ao noso parque móbil dous vehículos ecolóxicos dotados de gas licuado de petróleo ( GLP ou Autogás).


Promoción da saúde con mazás saludables
Febreiro 2019

En colaboración con APeTéCeMe

Cruz Vermella Española Lugo en colaboración co Restaurante Cafetería APeTéCeMe, realizou unha pequena acción de saúde, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Persoas voluntarias de Cruz Vermella Lugo prepararon un total 1.000 manzás que foron entregadas gratuitamente en cada menú polo persoal do Restaurante APeTéCeMe.

Plan de Saúde de Cruz Vermella | Prevención diabetes | Descarga app gratuita Quiérete


Volve "O Rural Mais Vivo" ás parroquias de Vilalba
Febreiro - Xullo 2019

Convenio co Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba firma un convenio con Cruz Vermellaa para realizar actividades de dinamización rural en 29 parroquias

O plan de dinamización rural do Concello de Vilalba, chegará este ano a 29 parroquias.

Estes talleres realizásense entre os meses de febreiro a xullo, as parroquias nas que na presente edición serán realizados, son: Boizán, Carballido, Goiriz, Gondaisque, Ladra, Lanzós, Oleiros, Mourence, Noite, Rioaveso, Samarugo, San Simón, Soexo, Xoibán, Sancobade, Román, Nete, Alba, Belesar, Distriz, Tardade, Insua, Codesido, Torre, Vilapedre, Corbelle e Santaballa.


Balance de servizos preventivos realizados en Lugo durante 2018
Xaneiro 2019

Convenio co Concello de Lugo

Durante 2018 Cruz Vermella Española Lugo, mediante o convenio co Concello de Lugo, realizou 88 servizos preventivos

Cruz Vermella Española Lugo: Socorros e emerxencias | Servizos preventivos


Os nenos e nenas do hospital HULA de Lugo irán ao quirófano en coche teledirixido
Xaneiro 2019

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Lugo

Os nenos e nenas ingresados non acudirán a partir de agora á súa cita médica no bloque de cirurxía ou para realizar unhas probas diagnósticas nun vehículo eléctrico. Cruz Vermella de Lugo e a Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR) doaron dous vehículos ao Servizo de Pediatría e a Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria do HULA.


Campo Castelo 37. Balance da campaña de aforro enerxético lámpadas LED
Enero 2019

Casa Campo Castelo 37. Medio ambiente e sustentabilidade

En Castelo 37 finalizamos con gran éxito a campaña de aforro enerxético, de medio ambiente e sustentabilidade, superando con fartura todas as expectativas iniciais.

Casa en Campo Castelo 37. Proxectos de innovación social. | Medio ambiente e sustentabilidade


Mesa de diálogo en Campo Castelo 37. Igualdade de oportunidades
Decembro 2018

Casa Campo Castelo 37. Dinamización social

Unha das liñas de traballo e de actuación de Cruz Vermella Española de Lugo é, traballar polo dereito e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, para a inserción no ámbito laboral.

Casa en Campo Castelo 37. Proxectos de innovación social


Acto de reconocimiento a empresas colaboradoras en 2018
Diciembre 2018

Hotel Méndez Nuñez

O 20 de decembro de 2018 Cruz Vermella Española Lugo celebrou un acto de recoñecemento a empresas colaboradoras.

O encontro no que se viviron momentos de emoción, humor e inspiración, reuniu a máis dunha trintena de empresas da provincia.


Doazón de máis de 500 xoguetes novos a Cruz Vermella Española Lugo
Decembro 2018

Sede de Cruz Vermella Española Lugo

O acto tivo lugar nas instalacións de Cruz Vermella Española en Lugo, procedeuse á entrega por parte de ABANCA, Afundación e a Federación Galega de Comercio dun lote composto por máis de 500 xoguetes novos, non bélicos, non sexistas e educativos que chegarán aproximadamente a uns 200 nenos de Lugo


Grazas por decir Sí, Felices Festas
Decembro 2018

Grazas por decir Sí, Felices Festas

Seguramente terás moitas razóns para celebrar estes días de festa, e non queriamos deixar pasar a oportunidade de ser unha delas. Porque grazas a ti, puidemos levar esperanza a millóns de persoas en todo o mundo.


Atención e prevención VIH
Decembro 2018

1° de decembro Día Internacional do SIDA

O VIH continúa sendo un problema de saúde mundial. A pesar dos logros alcanzados aínda quedan retos pendentes. Un deles é reforzar a prevención para evitar novas infeccións, así como conseguir realizar unha detección precoz cando se produzan. Cruz Vermella Española e Cruz Vermella Xuventude pretenden incidir na importancia da prevención e a detección precoz para minimizar o impacto do VIH e/ou sida entre a poboación. Ademais, perséguese sensibilizar e promover cambios en actitudes e comportamentos relacionados co estigma e a discriminación cara ás persoas que viven con VIH e/ou sida.

Persoas en programas de atención e prevención VIH-SIDA | Atención integral a persoas con VIH en situación de vulnerabilidade | Prevención VIH Cruz Vermella Xuventude


Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
Novembro 2018

25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

No Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, Cruz Vermella reitera o seu compromiso con aquelas mulleres que sofren ou sufriron este tipo de violencia. Levamos décadas traballando ante esta problemática e coñecemos de primeira man as súas consecuencias, as dificultades que deben afrontar as mulleres que padecen esta violencia e a necesidade de dar unha resposta global que implique a todos os actores sociais para erradicala

Ademais, desde Cruz Vermella realizamos varios proxectos para apoiar a mulleres vítimas de violencia de xénero tales como o servizo telefónico de atención e protección para vítimas da violencia de xénero (ATENPRO), procura de emprego y recursos de acollida de temporal .


O Breogán difunde a actividade de Cruz Vermella en Lugo
Novembro 2018

18 de novembro, Pazo deportes. Av. Filarmónica Lucense, Lugo

O Club Baloncesto Breogán SAD axuda a difundir o labor de Cruz Vermella Española en Lugo. O fixo a través das redes sociais e da páxina web do club. Ademais, aproveitou o día de partido contra o Tecnyconta Zaragoza (domingo 18 de novembro, ás 17.00 horas no Pazo)


26 de octubre, Día internacional del daño cerebral
Octubre 2018

26 de outubro, Día internacional do dano cerebral

As persoas con dano cerebral enfróntanse a diario a dificultades que complican a súa recuperación funcional e a barreiras para a súa inclusión social. O Centro de dano cerebral de Cruz Vermella Española en Lugo, situado en Castro Ribeiras de Lea, é un recurso sociosanitario especializado na neurorrehabilitación destas persoas que se centra na recuperación tras unha lesión neurolóxica ( ictus, accidente cerebrovascular, traumatismo cranioencefálico, etc...) .

Centro para Gravemente Afectados de Parálisis Cerebral e Dano Cerebral


1 de outubro, Día internacional das persoas de idade
Outubro 2018

1 de outubro, Día internacional das persoas de idade

Prevención para envellecer de forma activa, saudable e con dignidade. Atender e anticiparse ás necesidades das persoas maiores é un dos principais obxectivos de Cruz Vermella. Grazas ao compromiso do noso voluntariado puidemos axudarlles a paliar a súa soidade, manter a súa autonomía, conservar a ilusión por seguir aprendendo e gozar dun envellecemento activo e saudable. Este ano puxemos en marcha un novo proxecto Atención a persoas en proceso de envellecemento, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

Proxectos para Persoas maiores | Saúde constante | Redes sociais para persoas maiores | Teleasistencia domiciliaria


21 de Septiembre, Día mundial del alzheimer
Setembro 2018

21 de setembro, Día mundial do alzheimer

Este día foi elixido pola OMS (Organización Mundial da Saúde) e a Federación Internacional de Alzheimer ( ADI) co fin de concienciar da importancia das enfermedadades relacionadas coa demencia cerebral e da maneira de poder previlas.

Desde Cruz Vermella ofrecemos coidados profesionais, actividades de prevención e tamén formación e recursos para aquelas persoas que coidan doutras que teñen demencia.

Centro de Día de Celeiro | Talleres de estimulación cognitiva | Información, recursos e manuais para persoas coidadoras de persoas con demencia


Reaprende, date á boa vida e feixe prevención de diabetes
Abril 2018
Como cada ano, o 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Este ano, a Organización Mundial da Saúde propuxo como tema central, a Diabetes. Cruz Vermella, en colaboración coa Fundación para a Diabetes, realiza unha campaña de sensibilización por toda España sobre diabetes tipo 2.

A resposta está na Natureza
Marzo 2018

22 de marzo, Día mundial do auga

Un ecosistema degradado afecta tanto á cantidade como á calidade do auga, limitando a súa disponibilidad para ser consumida polo ser humano. Hoxe en día, 2.1 millóns de persoas viven sen auga potable, o que afecta á súa saúde, educación e medios de vida.


8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
Marzo 2018

8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

A desigualdade persiste en todo o mundo, privando a mulleres e nenas de dereitos e oportunidades fundamentais polo simple feito de ser mulleres. Máis do 92 por cento dos fogares das mulleres atendidas por Cruz Vermella está en risco de pobreza e exclusión.


Contra a mutilación xenital feminina
Febrero 2018

6 de febreiro, día de tolerancia cero coa mutilación xenital feminina

A mutilación xenital feminina é unha terrible práctica que humilla, degrada e ataca cruelmente ás mulleres desde a máis tenra infancia, supoñendo unha vulneración dos seus dereitos humanos. Ten graves consecuencias xinecológicas, obstétricas e psicosociais.


Acto de recoñecemento ás empresas colaboradoras con Cruz Vermella Lugo en 2017
Diciembre 2017

A cerimonia tivo lugar o día 28 de decembro desde as 7 da tarde no Auditorio Afundación na Oficina principal de ABanca en Lugo. As empresas que colaboraron máis activamente recibiron un diploma acreditativo.

En 2017 logrouse a colaboración de 1001 empresas e alcanzáronse 179 insercións laborais


Os seus dereitos en xogo
Decembro 2017
Grazas á vosa achega solidaria puidemos colaborar cos Reis Magos e moitos xoguetes foron entregados ás nenas e os nenos de Lugo

2º Maratón de corte de pelo
Decembro 2017

Aluma Peluqueros en La Ferretería Eventos

Queremos agradecer a Aluma Peluqueros por contar con Cruz Vermella por segundo ano consecutivo e a todos os lucenses que se pasaron pola ferretería a facer o seu corte de pelo solidario, a todos GRAZAS


Feliz Día do Voluntariado!
Decembro 2017

Voluntariado e participación

O 5 de decembro conmemórase o Día Internacional do Voluntariado e dende Cruz Vermella queremos recoñecer o teu compromiso e agradecer a túa dedicación coas persoas máis vulnerables


Coas Persoas con discapacidade
Decembro 2017

Intervención Social

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade estamos concienciados co obxectivo de promover o seu benestar

Queres coñecer os nosos proxectos para persoas con discapacidade e/ou movilidade reducida?


Obxectivo prevención Abre o teu enfoque!
Dicembro 2017

Saúde e Cruz Vermella Xuventude

Durante o mes de decembro, co motivo do Día Mundial da resposta ante o VIH e o sida, que se celebra o día 1 de decembro, temos previsto realizar diversas actividades enfocadas na información, sensibilización, formación e prevención.

Medremos con dereitos
Novembro de 2017

Cruz Vermella Xuventude

O sábado 18 de novembro desde as 12 do mediodía ata as 2 da tarde, e desde as 4 ás 8 da tarde estaremos no Centro Comercial As Termas xunto aos máis pequenos e pequenas, que pasarán un intre agradable connosco realizando diversas actividades para celebrar o Día Mundial da Infancia